14 de feb. de 2013

OUTRO NOVO ESCÁNDALO DA ÉPOCA ARAGUNDE

O BNG DENUNCIA A FUTURA CONSTRUCCIÓN DUN  TRANSFORMADOR
ELECTRICO PRIVADO EN TERRENOS PÚBLICOS
O LUGAR DESTINADO A PRAZA BELECO
Polo blog do BNG acabamonos de enterar , que hai uns días, un grupo de veciños/as residentes nas vivendas contiguas á Praza de Beleco, dirixíronse ao grupo municipal do BNG para trasladarlle a súa preocupación porque, segundo afirman, teñen indicios de que na citada praza está proxectada a próxima instalación dun transformador eléctrico de titularidade privada  e que non debería construírse  en terreo público, polo que esta formación solicitou a Alcaldía que se lle  informe se, actualmente, no Concello existe algún tipo de petición de permiso para a instalación, na Praza de Beleco, dun transformador eléctrico ou, de ser o caso, se ten o alcalde coñecemento dalgún tipo de proxecto de instalación semellante ao referido neste escrito, na citada praza. En caso afirmativo, o BNG solicita o seu permiso para poder consultar o correspondente expediente.
Fontes do Concello  manifestaron, curiosamente, a Diario de Arousa que efectivamente hai unha solicitude e que está en estudo.
A prensa compara xa está caso co de Vilariño onde a Asociación O Batuqueiro frenou a construcción dunha central eléctrica.
Precisamente o sábado varios veciños viron como tres personas pertecentes a unha constructora estaban a tomar medidas na Praza Beleco e logo chegaban o lugar o Alcalde Luis Aragunde e o Teniente Alcalde Toñito Pombo, quen por certo ten un baixo nun edificio que da a praza. Precisamente na foto da dereita (distorsionada para non coñecer os tres elementos) vemos os tres individuos que estiveron tomando medidas na paraza o cal quere dicir que o concello de palabra xa lle deu permiso,  como fai normalmente cos seus amigos. A foto foi realizada por un veciño do lugar. Aragunde coidadiño co que fas que podes ter outro problema mais enriba.


 A NOVA EN DIARIO DE AROUSA.
A NOVA EN FARO DE VIGO.



Ningún comentario: