MERCOU O PAZO ARAGUNDE?. THAT IS DE CUESTIÓN.
É un refrán que ven moi ben o caso "O que se
pica, allos mastica". Hoxe lemos no xornal “A Voz de Galicia” Sección de Arousa que Luís Aragunde acusa ao BNG de difamalo facendo circular o “bulo” de que mercou un pazo.
pica, allos mastica". Hoxe lemos no xornal “A Voz de Galicia” Sección de Arousa que Luís Aragunde acusa ao BNG de difamalo facendo circular o “bulo” de que mercou un pazo.
Ben ante este parba, desafortunada e tramposa acusación , os cambadeses temos que dicir que isto non é certo. Nos non lemos en ningún xornal, en ningún blog, en ningunha rede social que Luís Aragunde mercara un pazo ou casa señorial en Moraña , non lemos nada tampouco nada do BNG nese senso e iso que case todas as notas que publica o BNG son publicadas nos medios de Arousa agás Radio Arousa e Tele Salnés. É mais este blog tivo coñecemento de que precisamente o bulo naceu nun familiar moi preto de Luís Aragunde. En todo caso se houbera difamación por parte de BNG o noso alcalde debería de deixarse de demagoxias e acudir os Tribunais.
![]() |
O BNG si que denuncio o do Pinal de Maza. |
Di Luís que «Por suposto que é totalmente falso que mercara tal pazo, pero o obxectivo desta estratexia está moi claro: danar a imaxe persoal e desprestixiar ao alcalde». A túa imaxe Luís danáchela ti mesmo sobre todo entre outros escándalos como o do Pinal de Maza onde o escurantismo imperou como lei e xente preto do o teu partido fixo e está a facer o que quere.Luis non deixa de ser un títere nas mans de Turis, e iso sabeno moi ben no concello de Cambados.
![]() |
Luios cos dous implicados no do Pinal de Maza |
Por último Aragunde lémbranos que hai xeitos de comprobar os bens que posúe un político «pero tristemente sempre pode haber xente que lle dea crédito a estes infundios». Un político, e esa lección sábena moi ben os políticos populares de Cambados, poden agochar os seus bens nas famosas “Comunidades de Bens” querido Luisiño da que no teu partido saben un rato largo, unha propiedade pode non estar o teu nome, como o mellor non é o caso pero quen nos di que podes estar a nome dunha comunidade de bens na que estea un familiar teu, por exemplo. E o bo que teñen as Comunidades de Bens e que non se pode acceder a elas xa que non son públicas como as S.A. ou S.L.
“Excusatio non petita, accusatio manifesta “ Como todos sabedes é unha locución latina de orixe medieval que ven a significar que todo aquel que se desculpa dun feito sen que ninguén llo pedira, tales desculpas están a sinalar como autor do feito. E parécenos que isto é un pouco o que está suceder co noso “querido” Alcalde. Doutra banda hai que está a dicir xa que unha importante empresa de aguas e unha importante empresa de sumidoiros están a traballar na citada suposta casa polo morro, este bulo Luis naceu en Castrelo.
De todos xeitos Luisiño se te sintes difamado, para iso tes os tribunais para demostralo , como lle dis ti a oposición cando te acusamos de irregularidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario