19 de feb. de 2013

O VENRES , CAMBADOS TEN UNHA DÉBEDA CON LUIS SILVOSO

O AUDITORIO DEBE ENCHERSE PARA TAN MAGNO ACONTECEMENTO
O vindeiro verens as 20.30 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados os amigos, coñecidos, e cambadeses en xeral temos unha débeda con Luis Silvoso e temos a obriga de acudir o acto no  que a profesora e escritora Maribel Iglesias presenta o libro dedicado a Luís , o dono da galería de arte Borrón 4, falecido en outubro de 2011 aos 57 anos.
 Luís Silvoso foi un dos maiores dinamizadores culturais do Salnés durante a última década, posto que Borrón 4, a súa galería de arte, fixo de trampolín para algúns dos principais pintores e escultores da comarca, á vez que achegou ao público arousano a obra de destacados artistas do resto de España e Portugal. 
A última exposición que organizou Silvoso foi a do pintor Manolo Busto, que é de quen partiu a idea de publicar unha biografía do galerista, que sexa á vez unha homenaxe e un traballo que divulgue o seu legado entre as novas xeracións. 
MaribelIglesias, que é profesora no instituto de Cambados Francisco Asorey e que xa escribiu senllas biografías de Ramón Cabanillas e Asorey, púxose ao choio, recompilando gran parte da información da viuda de Silvoso, Teresa Escariz. 
No acto de presentación intervirán, ademais da autora, un dos fillos do galerista, Alberto Fernández, Manolo Busto e o pintor e escritor Baldo Ramos. A edición a costea a viuda de Silvoso, e o libro véndese a un prezo de cinco euros. 
Luís Silvoso foi o décimo dos once fillos que tiveron Enrique Fernández Álvarez, un carabinero da Garda Civil chegado a Cambados nos anos 30 e "Pepita" Silvoso Prego, que pertencía a unha familia con gran arraigo na localidade. Estudou nun colexio franciscano e estivo interno no convento de Herbón, onde chegou a facerse novicio. 
Logo viaxou por Holanda ou Francia, antes de recalar en Madrid, onde estudou Maxisterio. Nos anos 90 regresou a Cambados, onde tivo dous bares entre eles o añorado “O Patin” sede oficial da extinta Unha Grande Chea,  antes de abrir Borrón 4. Estreouse en xullo de 1998 coa exposición dun xigante como Laxeiro e á que acudiron outros importantes artistas, como Antón Llamazares, co que coincidira no convento. 

No acto intervirán:

Alberto F. Escariz, fillo do homenaxeado

Manolo Busto, pintor

Maribel Iglesias, mestra

Baldo Ramos, artista e escritor


Ningún comentario: