O fiscal se querella contra o patrón por unha presunta fraude en axudas públicas.
Finalmente, segundo nos conta Diario de Arousa, o fiscal de delitos económicos de Pontevedra interpuxo unha querella contra o
patrón maior, Benito González, por un presunto delito de fraude en axudas públicas para a construción do barco “Tragove”. A denuncia nace dunhas dilixencias informativas que abriu no mes de xaneiro para investigar o caso, denunciado por un particular e pola Asociación Galega de Mariscadores (Agamar). De todos os xeitos non vai ser neste caso só Benito Pelea o querelado senón que tamén o foron outras persoas implicadas no caso.

O xulgado número 2 de Cambados instrúe a causa que pretende arroxar luz sobre o emprego das subvencións concedidas pola Consellería do Mar e a Unión Europea para comprar o buque auxiliar da Cofradía. E é que se presentaron facturas pola construción do barco para xustificar un investimento de 293.000 euros pero nunha valoración posterior, a subdirección xeral de Innovación Técnica indicou que o custo real do buque é duns 161.170 euros, segundo o expediente incoado pola Xunta.
De feito, Mar continúa tramitándoo e este podería resolverse esixindo á Cofradía de Cambados o reintegro dunha parte das axudas concedidas, que en total ascenderon a 176.000 euros. Concretamente, 84.082,58 euros máis os intereses de demora por ser indebidamente percibidos, en concepto de “diferenza entre o que se pagou e o que realmente corresponde”, segundo o mesmo informe.
Por este motivo, Agamar ten previsto acudirse como acusación particular na causa aberta pola querella do fiscal. Segundo o seu avogado, Alberto Muñóz, porque o abono desa cantidade “afectará ás contas do pósito”.
Non será a primeira vez que o xulgado cambadés aborda unha causa en torno a esta embarcación. Fai unhas semanas, a titular do número 1 ordenou o arquivo da querella presentada polo propio patrón maior contra dous directivos dos rañeiros por un presunto delito de calumnias. Ambos preguntaran nunha asemblea polo prezo real da embarcación. Con todo, a xuíza resolveu que se limitaron a expresar “as súas sospeitas que resultaron fundadas, de que o prezo percibido polo barco non era o que realmente custara”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario