28 de feb. de 2013

“RAMBO” TOURIS AMENAZA OS DAS PREFERENTES: “EU DESALOXO A QUEN SEXA E AQUÍ NON QUEDA ENCERRADO NINGUÉN"

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra aínda non estivo no punto de mira dos afectados pola comercialización de participacións preferentes ou subordinadas, pero o seu responsable, José Manuel Cores
Tourís “Rambo” , adiántase aos acontecementos e xa ameaza os posibles manifestantes que non lles permitirá un encerro nas instalacións.
Tras os últimos incidentes de afectados polas preferentes que tiveron encerrado ao Goberno local do Porriño ata altas hora da madrugada ou obrigaron a cancelar o pleno de Ás Neves, “Rambo” Tourís respóndelles:"a min, se me pasa aquí, eu teño clarísimo que desaloxo a quen sexa daquí e aquí non queda encerrado ninguén, teñoo clarísimo". Como se lle nota a vena ultradereitista o de Ouviña.
Tourís realizou estas declaracións ante os medios de comunicación despois de que todos os alcaldes do PP de Pontevedra anunciasen unha fronte común contra "a actitude de violencia crecente" cara a eles que adoptaron os últimos días os afectados.
Touris intentando invadir o Parlamento fai uns anos.
O delegado territorial de Pontevedra mostrou o seu total respaldo á postura dos rexedores do seu partido "dicindo que non van permitir iso", pois na súa opinión "dende logo, eu creo que teñen que tomar ser medidas". Sobre as protestas dos afectados e a petición de axuda que están a realizar os distintos concellos pontevedreses, sinalou: "eu creo que nas corporacións teñen que presentar os escritos, teñen que reclamar o que queiran, pero, dende logo, é un sinsentido todo isto porque un día vai acabar mal algo". Non o dubides Touris, mentras non lle devolvades os cartos está xente está disposta a todo e  entendemolo. 
Tourisman
Ademais, atribuíu todas estas protestas e irrupcións nas casas consistoriais a "algúns lideres políticos dos que queren gañar as eleccións na rúa con todos estes temas". Que cara tes Touris, pero si fochedes vos os que nas eleccións enganachedes a este xente decindolles que lle ian devolver os cartos e agora como sempre , ineptos, botadeslle a culpa a outros canto a teñen Feijoo, Louzán e mais ti.
Para este blog os das preferentes teñen todo dereito a facer o que fan  porque alguen lle "roubou" os seus cartos e os culpables non aparecen,  pero Feijoo ten moitisima culpa do que pasou. 
Por certo lembrolle au Touris que fixeron eles  cando foi aquela manifestación da contribución urbana no ano 86 , moito peor  que o que  está a pasar. Que pouca memoria tes Touris. Menos mal que o video do golpe de estado da dereita cambadesa que podes ver neste blog na columna da dereita e testemuña  do que pasou e quenes o manipularon.

Ningún comentario: