1 de mar. de 2013

“É ABSURDO LOITAR POLA LIBERACIÓN DA TERRA MENTRES NON VOLVAMOS RECORDAR QUE SOMOS POBO”

POR RAMÓN NOGUEIRA
O tema Ferrín fixo que lera multitude de artigos, actuais e antigos, sobre o tema e sobre multitude de aspectos sobre a lingua,
cultura e política do noso país, que non só tinhan que ver coa RAG ou co Vello. 
Isto provocou que chegase á conclusión do gran caos que ven sendo o Nacionalismo Galego, do cal xa tinhamos constancia antes mais agora reafírmome nesa postura. Por suposto é evidente que o Nacionalismo Galego non está nos seus mellores momentos, se é que tivo algún bo, vaia... Nestes últimos anos, polo menos dende que eu o vivo en primeira persoa, ocorre algo que na minha realidade de poeta e humano non entendo. 
Na maioría dos casos o amor ao partido, organización ou institución á que se pertenza como nacionalista supera ao amor que se sinte pola Terra Nai, por Galiza e para min iso é inadmisíbel. Cada un tira polo seu lado cara unha meta sin concretar. A loita pola liberación da Nosa Terra fica nun conglomerado de caminhos onde a maioría seperde: ILG ou AGAL, galego-español, galego-portugués ou galego-galego, Galiza ou Galicia vaia... Autogoberno, independencia, soberanía, BNG, ANOVA, CompromisoxGalicia, A Frente Popular Galega e a multitude de pequenos partidos... Comités ou Liga Estudantil Galega, Agir, Briga... o Apalpador ou Papa Noel ou o Samaín ou Halloween... 
E deixo centos de caminhos sen escribir porque pode chegar a ser moi pedante. É absurdo loitar pola liberación da Terra mentres non volvamos recordar que somos pobo, que realmente somos pobo e que merecemos de xeito natural a pertenza da nosa Nación, non esquezamos que somos irmáns queiramos ou non e por suposto que NUNCA, NUNCA supere o amor que lle temos a un partido, a unha organización ou a unha ideoloxía política ao amor que sentimos polo noso mar, os nosos montes e fragas, o noso vento, o noso eterno verdor, a nosa fala, a nosa anciá cultura... O amor que sentimos polo noso país. Viva Galiza Ceive!
RAMON NOGUEIRA É ESTUDANTE DE PERIODISMO, POETA E GALEGO DE CORAZÓN

Ningún comentario: