Fenomenal a participación da cambadesa Sara Laya no video clip do tema “Terra” do grupo Dakidarria. A expresión da súa cara emociona e prende o espectador no no video clip. Parabéns a nosa paisana.
Dakidarría é unha banda galega de ska punk e reggae procedente de Valmiñor. Fundada no ano 2002, as súas letras en español e galego fan numerosas críticas políticas e sociais en contra do capitalismo, o consumismo e a alienación. Malia iso, a súa música é descrita como "alegre e divertida".Están conformados por oito músicos Gabri (guitarra e voz principal) , Simón (guitarra e voces), Toñete (trombón), David: (baixo e voces), Juaki (trompeta e voces), Anxo (saxo barítono), Charli: (teclado) e Jorge Guerra: (batería). Tempo atrás queda esa primeira reunión, alá por finais de setembro, onde se xuntaron para empezar a dar forma ao que sería o seu próximo proxecto, un videoclip que ensinase a súa ideantidade, o que son, o que defenden, e que mellor forma de facelo que mostrando a nosa terra. Suscitaron un proxecto ambicioso e complexo, proxecto que só podería ser posible xunto os seus irmáns de Samthing Visual e xunto á inestimable axuda dos seus amigos e compañeiros: Suso de Soak, Petetas de Tiro na Tesa e Falperrys, Paulo de Skarnio e Liska, Javi de Heredeiros dá Crus e Jabón Blue, Esteban de Skacha e Falperrys, Xurxo de Diplomáticos de Montealto e os Tres Trebóns, García de Deus Ke Che Crew, Kike de Kallaikoi, Vituko Ruxe Ruxe e Come de The Skarnivals, e da cambadesa Sara Laya A sua idea era reflectir o amor pola nasa terra, inmortalizarla tal e como é, tal e como a ven, a terra onde se criaron, onde se fixron maiores, crecendo tanto musical como personalmente, a terra que fixo do grupo o que é agora e que os levou a percorrer tantos e diversos paraxes e a vivir tantas e tantas historias. Ese sentimento que se chama "Terra" podédelo ver aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario