10 de mar. de 2013

EULOGIO POMARES E JOSE LUIS ARAGUNDE PARTICIPARON NO 6º PREMIO VILA VINITECA DE CATA POR PAREXAS EN MADRID

ESTE CONCURSO É O MÁIS IMPORTANTE NESTA CATEGORÍA NO MUNDO E REPARTE 30.000 EUROS EN PREMIOS.
O 6º Premio Vila Viniteca de cata por parexas celébrase onte sábado no Casino de Madrid. Se temos en conta que só se levan celebrado seis edicións, podemos dicir que é un premio moi xoven, pero a realidade e que o seu prestixio xa é internacional. Gran parte da culpa deste recoñecemento a teñen os seus espléndidos premios, 20.000 euros para a parexa gañadora, 7.000 para a segunda e 3.000 para a terceira.
Do mesmo xeito que na pasada edición, este ano volven a participar dous cambadeses moi achegados ao mundo do viño, o sumiller e xerente do Ribeira de Fefiñans e Vagoviños, Jose Luis Aragunde, e o etnólogo e responsable de Bodegas Zárate, Eulogio Pomares.
No concurso participaron 120 parexas procedentes de diversos países. A principal característica deste premio e o feito de que o catar en parexa ás puntuación son consensuadas.
O concurso constou de dúas partes, unha primeira "Fase Clasificatoria" e a  "Gran Final". En cada unha delas cátanse sete viños: dous viños brancos, tres tintos e dous viños especiais (cava, champagne, xerez, oporto, etc).
Cada parella tivo que descubrir a seguinte información de cada viño: país (1 punto), zona de orixe (1 punto), D.O. (2 puntos), variedades de uva (3 puntos), ano (3 puntos), elaborador (3 puntos) e marca (2 puntos).
As 10 parellas con mellor puntuación na "Fase Clasificatoria" pasaron á "Gran Final", na que se catarán sete viños máis. En caso de empate, o xurado terá en conta a puntuación obtida na primeira fase.


Ningún comentario: