Apuntate e participa!!!
A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas.
![]() |
Directica a Asociaicón Pesdebarro |
O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 € por persoa sexa socia ou non.
O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo ao Liceo-Casino o luns ou o martes de 19:30 a 21:00 h.
Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amistades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional, e non é necesario acudir con parella para participar no curso.
Danzarase mazurca,chotis,valse,polca,pasodobre e rumba, como bailes agarrados en galicia,e a similitude que teñen con outras danzas como o scottish e as mazurcas europeas,pero centrandonos na evoluciòn dos agarrados en galicia.
O PROFESOR:
Manuel Cobas Paredes, 1974. Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, Abertal de A Rúa de Valdeorras e Antoxo de Bueu, así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).
Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario