A Federación Rural Galega (Fruga) dará unha charla este mércores 6 de marzo, ás 20 h., na Casa de Cultura de Lois en Ribadumia, dirixida
aos viticultores para informar sobre o pago da uva, a non renovación dos contratos homologados e os novo servizos ofertados pola Asociación Galega de Viticultura.
aos viticultores para informar sobre o pago da uva, a non renovación dos contratos homologados e os novo servizos ofertados pola Asociación Galega de Viticultura.
FRUGA xa denunciou maniobras de confusión na DO Rías Baixas e demanda solucións á Xunta de Galiza
A opinión da FRUGA é que están a ocasionar un estado de confusión sobre a realidade dos problemas que se dan na DO Rías Baixas. É por isto que hai que facer as seguintes puntualizacións:
1. Os pagos pendentes a viticultores-as con contrato homologado asinado para a campaña do 2011 deben ser resoltos segundo o contemplado no propio contrato, no que están establecidos uns prazos de pagamento e as responsabilidades das partes asinantes en caso de incumprimento. As bases do contrato están garantidas polo respaldo e arbitraxe dunha Comisión de Seguimento na que participa a propia administración xunto coas organizacións agrarias e os representantes da industria.
2. As organizacións Unións Agrarias e SLG forman parte da Comisión de Seguimento do Contrato de Rías Baixas, e polo tanto deben procurar nese órgano a solución do problema dos compromisos de pago, que por tanto non corresponde á Mesa do Viño. Así mesmo non
poden ser publicitados os problemas de pago dalgunha adega en particular entanto non o aborden na dita Comisión de Seguimento.
3. A FRUGA ten coñecemento dun problema de pagos nas uvas que quedaran fora de contrato no 2011 como na campaña 2012 no que non houbo acordo de prezos, neste sentido, ao igual que se actúa en problemáticas semellantes noutros sectores económicos, a Administración,
nomeadamente a Consellería do Medio Rural e Mar, ten de procurar solucións para o conxunto do sector vitivinícola que impidan unha situación de conflito que ninguén desexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario