OS VECIÑOS DO LUGAR ESTÁN FARTOS DE TANTA INUNDACIÓN DE AUGA E BARRO.
ESTE É O CASO MAIS CLARO DE QUE COMO ARAGUNDE ESTÁ SOMETIDO A TOURIS.
Unha intensa riada de auga e terra derribou ao mediodía de onte unha parte da pechadura de pedras e pacas de palla da leira coñecida como pinar de Maza. Ocorreu cara ás 12,30 horas, logo dun forte chaparrón, e os restos de barro inundaron a estrada e a punto estiveron de chegar á capela de San Antón, que está situada nunha zona baixa, do outro lado do vial.
Protección Civil e a Policía Local tiveron que cortar onte a estrada da contorna da capela de San Antonio (A Modia), durante media hora, aproximadamente, a consecuencia dun novo vertido de terra e lodo procedente da leira mais famosa de Cambados e Arousa.
Non é a primeira vez que voluntarios e axentes interveñen nesta zona pois os días de choiva intensa, a auga arrastra pedras e terra de devandita leira ata a estrada e ata na contorna da capela, como sucedeu onte aínda que, polo momento, nunca chegou ao interior Segundo urxencias, os vertidos saen ao exterior do terreo por unha zona que se deixou sen muro de contención, seguramente para a futura instalación dunha verxa ou similar. Ademais, ao tratarse dunha zona en pendente, a situación agrávase.
ENTIDADES LOCAIS, COMARCAIS E PROVINCIAIS TEÑEN QUE LIMPAR A ESTRADA CADA DOUS POR TRES
O resultado é que a estrada énchese de lodos e faise necesaria a intervención de entidades comarcais e locais para limpala. Onte incluso un coche da deputación estaba a axudar nas labores de limpeza. De feito, onte foi necesario cortar o vial polo menos media hora para retirar as pedras e barro; e tamén estivo traballando unha pala do departamento de obras do Concello. Ademais, segundo testemuñas presenciales, a auga saía con forza pois chegou a facer unha pequena focha na zona.
O pinar de Maza atópase na Modia (Vilariño, Cambados) e é unha extensa leira na que dúas empresas están construíndo unha plantación de viño albariño. Entre os responsables destas firmas están un concelleiro do grupo de goberno de Cambados, Juan Ramiro Vázquez e a esposa do delegado territorial da Xunta en Pontevedra e exalcalde da localidade, José Manuel Cores Tourís.
A parcela era antiguamente un gran bosque, pero as árbores foron tallados para a creación do viñedo
O BNG SEMPRE NA LOITA NO DO PINAL DE MAZA
Cabo recordar que o BNG solicitou ao Goberno local, en máis dunha ocasión, información sobre estes episodios. A última vez foi en decembro de 2012, cando presentou unha batería con outras preguntas sobre esta leira, como a autoría dunhas obras de canalización de pluviales na zona. Así mesmo, denunciou o seu conversión nunha plantación de viñedo ao considerar que os traballos foron ?ilegais?. De feito, un xulgado cambadés aceptouna a trámite e abriu unhas dilixencias de investigación.
O suceso produciuse ao mediodía, tras un intenso chaparrón - O Bloque de Cambados recorda que xa houbo problemas de inundacións desde que se cortaron as árbores
O Bloque Nacionalista Galego de Cambados denunciou a obra tanto pola vía administrativa como xudicial, pois segundo o seu portavoz, Víctor Caamaño "é unha obra ilegal que está prexudicando aos veciños da contorna".
Victor fundamenta as súas acusacións en que os traballos se acometeron supuestamente sen contar coa licenza municipal, e que ademais infrinxen as normas urbanísticas vixentes en Cambados, que clasifican esa leira como de protección forestal, co que non podería ter uso agrario.
"O que sucedeu hoxe é normal", afirma Víctor Caamaño, "porque no momento que sacas as árbores e as raíces que dan consistencia ao terreo prodúcense problemas en momentos de choivas intensas". De feito, xa houbo algunha que outra inundación na zona desde que se modificou a leira. Nalgún caso a auga chegou ao atrio da capela, e ata foi necesario abrir un aliviadero na beirarrúa máis próxima á parcela.
"Esa é unha obra realizada á brava, sen ningún tipo de licenza nin permiso, e o Concello terá que actuar e pedir responsabilidades, porque está claro que o ocorrido hoxe non é casual", engade o concelleiro do Bloque cambadés.
Na leira xa están plantadas as cepas, e o muro parcialmente caído onte construír a Diputación fai uns cantos anos, tras tirar o anterior para ensanchar a estrada da Modia. A denuncia que puxo o BNG contra as obras se dirime no xulgado número
![]() |
José Luis Rey, detrás da "Troika" |
QUEN REALMENTE ESTÁ IMPLICADO NO PINAL DE MAZA?
Está é a gran pregunta que deberia respostar o noso Alcalde si tivera algo de vergoña. A efectos oficiais como xa dixemos anteriormente está Juan Ramiro Gómez Blanco, concelleiro do PP no Concello de Cambados, José Manuel Cores Touris Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e “Alcalde de facto no concello de Cambados” estes representando a Dismaterra S.L., pero logo tamén aparece unha Comunidade de Bens chamada Cancelo CB na que unha das socias ven a ser a muller de Jose luis Rey Fuentes un dos máximos accionistas, ao parecer, de CCS que é a empresa que fai case todas todas as obras no Concello de Cambados.
Onte poidemos ver como daba ordes no Pinal de Maza nada mais acaecer os feitos. José Luis e intimo amigo de Louzán, Luis Aragunde e Touris, polo que non se descarta tamén que os dous primeiros estan metidos na Pomada. O que está claro é que estas riadas estan le a custa ao Concello de Cambados miles de euros cada ano, que temos que pagar todos os cambadeses. Ata cando os cambadeses imos a seguir permitindo estas tropelías ¡Aragunde Domisión xa!
Na columna da dereita podes vermais fotos da desfeita que provoca o Pinal de Maza cada vez que chove, é a vergoña de Cambados.
AS FOTOS DA RIADA DE ONTE
Ningún comentario:
Publicar un comentario