O vindeiro mércores 13 de marzo as 20.30 horas no Centro Cultural A Mercé de Fefiñans, terá lugar unha charla informativa por parte do BNG de Cambados, que estará a cargo de
Victor Caamaño Portavoz Municipal e Duarte Correa membro da Executiva Federal de CIG Ensino, sobre a “LONCE, UNHA LEI CONTRA O ENSINO PÚBLICO”.
Victor Caamaño Portavoz Municipal e Duarte Correa membro da Executiva Federal de CIG Ensino, sobre a “LONCE, UNHA LEI CONTRA O ENSINO PÚBLICO”.
O ensino é unha das ferramentas de dominación máis potentes que existen e máis para un País como o noso, sen soberanía económica e sen soberanía política. Un País dependente onde o sistema educativo actúa como un elemento de homoxenización cultural, de profunda desgaleguización, de destrucción da nosa identidade como Pobo e de conversión das xeracións máis preparadas de galegas e galegos en man de obra precaria fácilmente explotable polo Capital. En afondar no elitismo, no clasismo, na concepción do coñecemento como un ben mercantil e na creación de autómatas sen espírito crítico baséase a LOMCE: un novo e durísimo ataque da oligarquía contra o ensino público, enmarcada nas reformas que se teñen feito nos últimos anos na liña de desmantelar e mercantilizar un dos piares básicos de calquera sociedade. Vemos, sen ningún tipo de dúbida, que a LOMCE non é máis que a execución de parte dos plans que xa viñamos denunciando e que se baseaban na segunda parte do Plano de Boloña, a chamada Estratexia Universidade 2015, extrapolando tamén as súas medidas e consecuencias a todos os niveis do ensino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario