12 de mar. de 2013

"GALICIA LIPDUB" VISITA CAMBADOS

O PROGRAMA DA TVG REALIZADO POLO PRODUTORA ALÉN FILMES GRAVARÁ EN CAMBADOS.
Acaban de poñerse en contacto con nós desde a produtora Alén Filmes para que lle demos difusión a este evento. Necesitan difusión máxima para que todo aquel que queira participar poda facelo.
"Galicia LipDub" e un programa que a TVG emite en horario de máxima audiencia, e consiste en gravar un vídeo musical dun tema de moda ao ritmo dunha coreografía mentres facemos playback e movemos os beizos.
O Programa de 'Galicia lipdub' busca a implicación de diferentes colectivos da vila, que se organizarán en grupos nos que valorará a creatividade, o compromiso co proxecto, o sentido do humor e as propostas de vestiario de cada un deles, polo que animan á participación con disfraces ou vestiario e elementos relacionados co colectivo.
Polo momento non teñen seleccionado o tema musical que se gravará en Cambados, polo que aceptan propostas (excepto o gangnam style que xa se fixo no concello de Cangas do Morrazo). Para aclarar estas cuestións o equipo da productora visitará Cambados en tres datas diferentes.
A primeira reunión será o vindeiro xoves 14 de marzo, ás 7 da tarde, no Salón de Exposicións e Congresos José Peña (esta reunión será gravada como parte inicial do programa, parte na que veremos as primeiras tomas de decisións, de preguntas e dúbidas sobre o proxecto,...)
Os días 3 e 4 de abril realizaranse ás gravacións con algún dos colectivos. Entrevistas, ensaios, mostras das posibilidades de vestiario, conflictos ou dúbidas que poidan xurdir,....
O 6 de abril pola mañá (de 11.00 a 14.00) ensaio xeral do LipDub e de tarde (de 16.00 a 19.00) gravación do LipDub con todo o mundo (e co vestiario seleccionado por cada persoa e colectivo).
Están invitados a reunión informativa do xoves tanto persoas individuais como colectivos (grupos de teatro, mariñeiros, bodegueiros, amas de casa, pensionistas, estudantes, bailaríns..., etc) que queiran participar neste programa.
Nova recollida de http://cambados.org.es/

Ningún comentario: