O BNG considera lamentable e penosa a xustificación do alcalde do PP sobre o caso da indemnización que o concello ten que pagar ao demandante de Vilariño por, primeiro, outorgarlle una licenza municipal e,
posteriormente, cando a obra estaba feita, retirarlle dita licenza. Resulta irrisorio que na cuestión de outorgamento de licenzas municipais, o PP tamén lle bote a culpa ao bipartito.
posteriormente, cando a obra estaba feita, retirarlle dita licenza. Resulta irrisorio que na cuestión de outorgamento de licenzas municipais, o PP tamén lle bote a culpa ao bipartito.
Como nos ten acostumados o PP, unha vez máis non asume a responsabilidade que supón o exercicio de gobernar; a culpa sempre é dos demais. Pero nesta ocasión xa non é crible; as licenzas municipais outórgaas o concello e para iso deben pasar, non só polo informe técnico correspondente, senón ademais pola aprobación da Xunta de Goberno Local, composta exclusivamente por concelleiros do PP. Ademais, neste tipo de licenzas, a lei é moi clara: “Lei do Solo de Galiza” (Lei 9/2002: lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza: prohibe, expresamente, este tipo de construcións industriais nos núcleos rurais).
![]() |
| Aragunte quere:........fodernos. |
E por moitas xustificacións que queira dar o alcalde, en cuestións urbanísticas, nos últimos anos, hai demasiada “escuridade” e excesivas preguntas sen responder: Así por exemplo, debe aclararse:
Foi esta metedura de pata, a razón pola que o concello apartou ao técnico municipal de urbanismo das súas competencias no outorgamento de licenzas de obras? Por que posteriormente a esa decisión se contratou a un arquitecto técnico externo, pasando o concello a ter que pagar dous salarios por realizar un mesmo traballo? Por que razón foi despedido ese novo técnico un tempo despois?
Porque na actualidade, nun momento onde hai moi poucas peticións de licenza de obras, o concello paga dous técnicos para realizar esta tarefa cando no momento do “boom” urbanístico este traballo o facía un só? Por que con dous técnicos e case sen demanda, as licenzas municipais tardan una eternidade en ser concedidas, co prexuizo que isto está a supor para as poucas empresas da construción que sobreviven, nestes tempos, con dificultade?
Ademais, pagará o concello as costas deste contencioso perdido? Hai novas demandas sobre este caso, esixindo unha indemnización maior por parte do concello?
En fin, que o tema é moito máis complexo do que nos quere facer ver o alcalde. Que Luís Aragunde debe asumir responsabilidades, dar moitas explicacións, e non botarlle as culpas a non se sabe quen. É dicir: transparencia Señor Aragunde!
NOTA DO BNG DE CAMBADOS.

.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario