21 de mar. de 2013

"NOITE FECHADA" EN CONCERTO EN CAMBADOS, NO PUB D4

O Grupo “semicambadés” "NOITE FECHADA" estará o vindeiro día seis de abril en Cambados  nun concerto no Pub D4,   a
iso das doce da noite e entrada custurá o módico prezo de 3 €.
Teñen previsto concertos tamén  o 08/03/2013 (venres)  na Cervexaría Encontro en Barrantes, Ribadumia, hora: 23.50 , enderezo: Avenida Bouza Martín, 11, 36636 Ribadumia, Pontevedra entrada de balde e o 31/03/2013 (domingo) – Concerto na Romaría de Nosa Señora das Cabezas na Armenteira, Meis , Hora: Por confirmar, enderezo: Mosteiro da Armenteira, 36637 Meis, Pontevedra , Entrada de balde,!
No seu blog, eles mesmos definense asi:
Noite Fechada nace dunha coña o 9 de decembro de 2012, dun cachondeo entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro, e como non podía ser doutra maneira, tratamos de contar calquera carallada que nos pasa ou se nos ocorre en clave de cachondeo. Empregamos o noso ghallegho típico para versionar (ou máis ben violar…) coñecidos temas que sempre tiran cara o rock.
O grupo componse dos seguintes personaxes:
MATIAS
O As das 6 cordas cunha voz feita para baixar braghas (a los hechos me repito). Podémolo comparar con Iniesta tanto por clase como por color.
CARMELO
A carallada en persona, ghitarrista e a voz máis rockera do grupo, ó 120% sempre (a ver canto aghuanta así, que xa vai tendo unha edá…)
GUSTAVO
Claro exemplo do poder do Rock&Roll, sin ter case idea en 3 meses púxose ó día para tocar no grupo (un tío moi desperto). Ghústalle o Jack Daniel’s como a un tonto un lapis, e ainda que o seu instrumento sexa o baixo, é máis alto que el
 BRUNO
Papá. O único que pon unha nota de cordura no grupo. Sen el cada hora de ensaio resumiríase en 5 minutos tocando e 55 mamándonos (de novo, a los hechos me repito). Tamén coñecido como Canario ou Bruno Manosbaquetas, un puto metrónomo á batería.
P.D.: sempre que a retribución supere o millón de euros podemos facer reggaetón ou calquera basura que se nos pida

Ningún comentario: