22 de mar. de 2013

“OUBIÑA VIVA” UNHA NOVA PLATAFORMA CRITICA NACE NO FACEBOOK

PRESERVAN A SÚA IDENTIDADE POR TEMOR A REPRESALIAS  DO CACIQUE DE OUBIÑA.
DENUNCIAN QUE O CONCELLO DE CAMBADOS “ROUBA” UNS COLUMBIOS EN OUBIÑA PARA LEVALOS PARA CASTRELO.
Hoxe queremosvos falar dunha iniciativa que nos parece moi loable,  que naceu no facebook, trátase da plaraforma cambadesa “OUBIÑA VIVA” , non se definen como partidarios de ningún partido politico, límitanse a denunciar o abandono total de súa parroquia, donde ademais reside o mandamais de Cambados e Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Touris.  
Neste lugar habia uns columbios e levaronos para
Castrelo.
De momento están nacendo para xa no seu facebook podemos ver  cousas moi curiosas, como por exemplo que o Concello de Cambados gobernado polo PP “roubaron” uns columbios que estaban instalados na súa parroquia e instalaronos en Castrelo. Denuncian tamén que o Alcalde de Cambados lles queira roubar o monte incrementando un poligono industrial donde o 80% das naves están vacias, acusando directamente Luis Aragunde de especulador. Outra das súas reivindicacións e a contaminación do Rio Pequeño que pasa pola parroquia e que está totalmente contaminado precisamente polas empresas do Poligono, feito por certo denunciado polo BNG con anterioridade.
Outra das denuncias que fan e a dos basureros poúblicos, e concretamente un a deles a menos de 30 metros do punto limpo. Asemade tamén denuncian unha destartelada parada de bus case tercermundista, e todo esto na parroquia dun dos caciques do PP,  con humor anuncian a venda da parada do seguinte xeito: Vendese perigosa parada de bus en estado ruinoso,con perigo de derrubamento,lugar Oubiña(CAMBADOS)!!SI CAMBADOS!!necesita reforma total. telefono de contacto 986 52 09 02
Basureiro incontrolado a menos de 30 metros do punto
limpo.
So unha cousa, penso que a xente desta plataforma,  a risco de equivocarnos, son xente xoven e nunca coñeceron o goberno doutro partido mais que do PP, e parecenos a nos que son inxustos co BNG que en Oubiña leva traballando de arreo, con erros e con acertos,  e enfrentandose en moitas ocasións o cacique de quenda incluidas amenazas e insultos as súas persoas, polo cal parecenos inxusto meter a todos os politicos no mesmo saco, porque non todos os cidadáns temos a sorte de vivir en Pontevedra, onde goberna o BNG de xeito maxistral,  e ali é outra historia. 
De todos os xeitos a nosa benvida a esta plataforma e que sepan que teñen está páxina para o que estimen convinte, iniciativas coma esta debian aparecer en todas as parroquias de Cambados, porque o rural tamén existe e o PP só se acorda deles nas eleccións. Benvidos a rede.

Parada destartelada en pleno Oubiña.



Ningún comentario: