10 de abr. de 2013

A CAMBADESA CARMEN DURAN ACUSA VELADAMENTE A FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRAFICO E A FUNDACIÓN ÉRGUETE DE “COBARDES” POR NON PEDIR A DIMISIÓN DE FEIJOO.

A FUNDACIÓN GALEGA ATÓPASE DIVIDIDA DEBIDO A ESTE ASUNTO, PERO GAÑAN OS "PRO PP".
BEIRAS CITA A CAMBADOS NA COMPARECENCIA E JORQUERA A VILANOVA DE AROUSA.
Carmen Durán, loitadora  contra o narcotráfico, trala comparecencia de Feijóo: "Sigo tendo medo, agora máis" 
Di que outras persoas "non están aquí" porque temen que lles quiten "subvencións" 
Carmen Durán, loitadora contra o narcotráfico e presidenta durante dez anos da asociación Desperta Cambados, manifestou sentir "vergonza" pola comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na Cámara autonómica, sobre a que dixo que constituíu unha "infravaloración ao traballo (das nais e sociedade) e ás vítimas". 
"Sigo tendo medo, agora máis", dixo como primeiras palabras aos medios ao término do debate parlamentario, tralo cal Carmen Durán non puido reprimir as bágoas polo que escoitara ao sentir "infravalorado" o seu labor voluntario e ao advertir que sente "de novo medo", como nos anos 90. 
OUTRAS ORGANIZACIÓN NON ESTÁN AQUÍ POR MEDO A PERDER AS SUBVENCIÓNS
"Outras non están aquí, porque eu fixen (traballo) voluntario. Outras teñen medo a que lles quiten as subvencións, diñeiro que é de todos" referindose claramente a Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Fundación Erguete, puxo de relevo, antes de explicar que ela sente "medo" porque "desde o pasado domingo andan con máis alegría", en referencia velada a persoas vinculadas co narcotráfico. Sabese que estes dias reuneuse a fundación  e algún que outro membro estaba a prol de pedir a dimisión de Feijoo pero os membros pro PP gañaron a votación e non houbo petición de dimisión.  
A este paso a FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRAFICO haille que quitar o “CONTRA”". Porque referindose aos narcos, quen lles vai a poñer autoridade?", preguntouse.
Nesta liña, asegurou que esta situación actual xéralle "inseguridade" e criticou que os dirixentes políticos do PP "non lles representan". "Nin neste caso, nin á miña nai afectada polas preferentes", apostilou, antes de pedir que "escoiten os problemas que ten a sociedade, non desviándoos, como se intentou" nesta comparecencia. 
Esta cambadesa afirmou que ela "non é xuíz", pero "si unha persoa cívica e civilizada", e relatou que ela non tivo "tempo de lecer". "Que mentres ese tempo de lecer" producíase, en referencia ao presidente, ela "traballaba" e no seu tempo libre "dedicábase a axudar ás familias dos drogodependientes e contra o narcotráfico". 
"Ese tempo dedicado co meu soldo, sen ningún tipo de axuda máis que o das persoas que estiveron ao meu lado, incluídos os medios de comunicación que foron de gran axuda", explicou, antes de subliñar, en dirección ao mandatario autonómico: "Non é unha patraña estar aquí aclarando ese rexeitamento social. 
Carmen Durán apeló a que desde finais dos 80 e coa operación 'Nécora' de "renombre mundial" no 90, pedíase "lexislación, actuación da Xustiza, incautación de bens e o rexeitamento social porque se compraban vontades". 
Neste sentido, referiuse a que Marcial Dourado saíu da Operación Nécora, pero mostrou as súas "dúbidas" achega das "influencias, que pode habelas, cando non se favorece a investigación". 
A que foi presidenta de Desperta Cambados preguntouse "que autoridade ten unha persoa que non coñece a historia" e explicou que ela, como profesora, "ten que saber a quen ten diante".
BEIRAS CITA A CAMBADOS NO DEBATE E JORQUERA A VILANOVA DE AROUSA
No debate desta mañan onde un bapuleado Feijoo, que foi recibido con Fariña,  incriblemente non presentou a súa dimisión a oposición estivo de cine refirome concretamente a Alternativa e o BNG. Beiras ata lle caeron unhas bagoas da emoción nun discurso como tiña que ser,  duro, sincero e demoledor citando o traballo das nais de Cambados contra a Droga das cales habia unha nutrida representación. 
Jorquera citou a Xeneración Perdida de Vilanova de Arousa que deu lugar a aquel xenial documental titulado MAREA BLANCA,  exhibindolle a Feijoo unha fotografia donde o amigo do presidente da xunta habia aniquilados a seis dos que saen na mesma. Ambolos dous deixaron a Feijoo vacio de contido. Por certo no video de Jorquera pódese ver como Beiras o remate aplaude a intervención deste, un xesto que nos encantou.


Ningún comentario: