10 de abr. de 2013

A NEFASTA XESTIÓN DE BENITO PELEA AVOCA A CONFRARIA A UN ERE

ENTRARÍA EN VIGOR EN MAIO
A DIMISIÓN DE PELEA PÍDESE A GRITOS
O nefasta e desastrosa xestión económica do  patrón maior de Cambados, Benito González, levou a este organismo a ultimar  a reestructuración de persoal con minuración de salarios incluida. 
A previsión é que empece a aplicarse xa o próximo mes de maio, e que estea vixente o resto do ano. O  denigrado presidente de pósito e das cofradías galegas sinalou que a reestructuración de persoal enmarcarase nun ERE e aínda  que "non hai nada totalmente definido", a idea é reducir as asignaciones ao persoal a cambio de traballar menos horas. 
Na cofradía de Cambados traballan 24 persoas -persoal de oficinas, de lonxa e vixiantes-, e a facturación reduciuse o último ano nun millón de euros. A oposición di que as contas non están nada claras, o desastre económico da confraria e evidente, as causas nas que anda metido Benito Pelea están a ocasionar unha serie de gastos  millonarios para a sociedade a xa hai quen  está a pedir abertamente a dimisión de Pelea antes de que faga “desaparecer” economicamente  a confraria. 

Ningún comentario: