O CAMBADÉS FRANCISCO FERNANDEZ REI, TAMÉN PREMIO RAMÓN CABANILLAS, VAI NA LISTA DO SEU RIVAL Á RAG, MANUEL GONZALEZ.
As librerías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados acordaron conceder este ano o seu premio Ramón Cabanillas ao escritor e académico Xesús Alonso Montero.
O premio que conceden as librerías cambadesas chega este ano á súa décima edición, e o galardón será entregado o 16 de maio -véspera das Letras Galegas- nun acto poético e musical que terá lugar no auditorio da Xuventude a partir das 20,30 horas.
O premio que conceden as librerías cambadesas chega este ano á súa décima edición, e o galardón será entregado o 16 de maio -véspera das Letras Galegas- nun acto poético e musical que terá lugar no auditorio da Xuventude a partir das 20,30 horas.
Os establecementos cambadeses indican que entre os méritos de Alonso Montero para recibir ao premio atópase o de publicar a obra completa do cambadés Ramón Cabanillas na editorial Akal.
Alonso Montero é un dos dous candidatos a presidir a Real Academia Galega trala dimisión de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Alonso Montero lidera a candidatura para a RAG rival da do cambadés Francisco Fernández Rei a cal está liderada por Manuel González, de feito estes días tiveron unha xuntanza, acompañaron a González os dous numerarios que figuran na súa candidatura, os filólogos Xosé Luís Regueira e Francisco Fernández Rei, e uns seis académicos, entre os que se contaban Euloxio Rodríguez Ruibal ou Manuel Rivas. Non asistiu ao encontro o outro candidato, Xesús Alonso Montero, e do seu grupo de afíns só figuraba Xesús Ferro Ruibal.
Fernández Rei subliñou que a reunión foi «moi positiva», aínda que reiterou a dificultade para que se produza un achegamento. Pola súa banda, Manuel Rivas sinalou que a convocatoria «tería sido unha boa ocasión para tender pontes entre as candidaturas, pero non houbo unha participación que facilitase un debate». Segundo Rivas, o encontro serviu para coñecer as propostas de Manuel González. O candidato a presidente asegurou nesa reunión que non recibira ningunha oferta formal de integración na outra candidatura e explicou que se presentara porque naquel momento non había outra lista.
O tres de xuño de 2009 nove coincidían en Cambados, Xesús Alonso Montero e Francisco Fernández do Rego nunha homenaxe a Ramón Cambanillas. O acto organizado na Xuventude polo Concello de Cambados para conmemorar a data en que naceu Cabanillas en 1876 non só foi unha homenaxe dedicada ao Poeta dá Raza. Tamén serviu para dar a coñecer o enorme traballo de Xesús Alonso Montero e Francisco Fernández do Rego, dous homes que contribuíron a canonizar a poesía do autor de Fefiñáns grazas ás obras completas que ambos editaron.
Francisco Fernández do Rego e Xesús Alonso Montero. Ambos son os responsables de senllas obras completas de Cabanillas, aparecidas nos anos cincuenta e a finais da década dos setenta, polo que o seu labor de recopilación e de obstinada procura por librerías e bibliotecas rescatou do esquecemento e da desaparición ducias de textos de Cabanillas.
No acto interveu o propio Alonso Montero e proxectouse un vídeo cunhas palabras de Francisco do Rego, que non pudera acudir por motivos de saúde (finou o 7 de xaneiro de 2013).
O premio Ramón Cabanillas é un premio que ano a a no superase en organización e en prestixio non hai mais que mirar a lista de premiados nas nove edicións anteriores: Victoria Moreno, Adela Leiro, Ramón Caride, Xosé Vázquez Pintor e Fina Casalderrey, Francisco Fernández Rei, Miguel Anxo Fernándex, Emilio Insua, Maribel Iglesias, e daremonos conta de que non estamos a falar dun premio calqueira.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é catedrático de Literatura galega e membro da Real Academia Galega dende 1993. Destacou no campo da sociolingüística e realizou e publicou estudos sobre escritores galegos, como é o caso do cambadés Ramón Cabanillas. Ten no seu haber varios galardóns entre os que destacan o premio Galicia de Xornalismo, o premio Nacional de Xornalismo Julio Camba, o premio Otero Pedrayo, o Premio Trasalba, e o premio Losada Diéguez de investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario