DESPOIS DO ÉXITO DA EDICION ANTERIOR, ESTE ANO SUMANSE MAIS LOCAIS.
![]() |
"Os Piñeiros" gañador da edición anterior" |
Zona Centro xa está ultimando os detalles da que será a segunda edición do certamen de pinchos que tanto éxito tivo fai un ano. Fontes da asociación explicaron que o formato será similar ao anterior pero participarán máis locais. O prazo para anotarse aínda permanece aberto pero xa hai máis dunha decena de establecementos interesados, o que sería o dobre dos da primeira edición, cando concorreron seis cun total de 12 propostas culinarias coidadas e innovadoras, a base de produtos de calidade. Tamén aumentará o número de días, pasando a dous fins de semana. En concreto, o último de abril e o primeiro de maio.
O éxito do concurso en 2012 foi tal “con cheos absolutos nos bares e restaurantes” que foron moitos os hosteleros da capital do albariño que pedían outro nada máis acabar. De feito, despois puxéronse en marcha acciones parecidas como degustaciones de tapas a base de volandeira e algúns restauradores animáronse a participar na Festa dá Vieira, ofrecendo pratos a base do produto estrela fóra da carpa. Unha colaboración que se produciu por primeira vez na historia do evento .
Unha das actividades que pretende levar a cabo é a organización o día 27 de abril, dun recorrido para "blogueros", co fin de acadar a maior difusión e promoción, non só do concurso e dos loais participantes, se non da hostalería e da vila de Cambados.
Por un lado os organizadores gustarialle que asistiran administradores de blogs, digamos especializados en cociña, (la cocina de mi abuelo, Almudelicias, etc...) e por outro tamén lles agradaria invitar ós administradores daqueles blogs que, aunque mais xeneralistas, consideramos teñen mais seguidores dentro do concello e dos seus arredores. Sen menosprezar o traballo de outros. En Zona Centro creen que os que contan con mais seguidores son:
Valentín Estévez Rial de "Dos vueltas de tuerca"
Xaquín Charlín de "A ti meu Cambados"
Arturo Cores Rodríguez de "Cores de Cambados"
Ismael Chaves Padín de "Vivir en Cambados"
PINCHOS BLOGUEIROS, E PORQUE NON "PINCHOS POLITICOS"
Básicamente o programa que están a manexar para os blogueiros, sería recorrer a metade dos locais participantes ó medio dia, para a continuación acercarse ás instalacións da bodega que colabora no concurso onde se picaría algo. Pola tarde, haberia unha pequena actividade de 1 hora aproximadamente, e aproximadamente outra hora libre, para a continuación, a partires das 8:30 poder recorrer os locais restantes.
Básicamente o programa que están a manexar para os blogueiros, sería recorrer a metade dos locais participantes ó medio dia, para a continuación acercarse ás instalacións da bodega que colabora no concurso onde se picaría algo. Pola tarde, haberia unha pequena actividade de 1 hora aproximadamente, e aproximadamente outra hora libre, para a continuación, a partires das 8:30 poder recorrer os locais restantes.
Este blog tamén lle propuxo como idea a Zona Centro os “Pinchos Politicos”, que seria convencer a un par de representantes por partido para que tamén realizaran o percorrido e “limar asperezas”, que a veira dunha copa de Albariño fanse milagros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario