DEPORTISTAS DE ELITE FOMENTAN O USO DO GALEGO NA NOSA VILA
Tres deportistas galegos olímpicos e paralímpicos e un actor manterán mañá luns un encontro con alumnos das escolas deportivas e dos colexios de Cambados.
Trátase dunha actividade de "Espello Deportivo", un programa da Rede de Dinamización Lingüística que pretende fomentar o emprego da lingua galega. O encontro é no salón de Pena, ás 11 da mañá, e os deportistas invitados son Sofía Toro (campioa olímpica de Londres 2012 en Match Race), Chano Rodríguez (dobre prata -en 50 e 200 metros estilo libre- e mais bronce -en 100 metros libres- en Londres 2012).e Juan Antonio Saavedra(medalla de prata na disciplina de tiro olímpico dos Xogos Paralímpicos de Londres).
Xunto a eles estará o actor Rubén Riós, actor moi coñecido que intervie en Pratos combinados (TVG) (2005),Piratas (Telecinco) (2010),Libro de familia (TVG) ,Matalobos (TVG) (2009 - 2010)Escoba (TVG) (2012) etc.

Espello Deportivo constitúe un exemplo de colaboración interinstitucional, desenvolve unha liña de traballo pertencente á programación de actividades deseñada pola Área Técnica da RDL no ano 2012. Con el, promoverase o uso da lingua no deporte, en colaboración coas entidades pertencentes á RDL, por medio de encontros de recoñecidos deportistas en escolas deportivas e noutros espazos municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario