29 de abr. de 2013

CAMBADESES QUE CONQUISTAN O MUNDO: GUILLERMO VARELA RIVAS “GUILLO”

RESIDE EN LIMA - PERÚ
O seguinte “conquistador” cambadés e un rapaz de vinteepico anos de Fefiñans, pertecente a “pandilla” dos Comepipas, tamén
anda polas americas, conretamente en Perú onde durante tres meses coincideu con outra “Trianera de pro” Raisa. Todos o coñecen por Guillo, e un excelente rapaz.
DATOS PERSONAIS:
NOME E APELIDOS: Guillermo Varela Rivas
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDIAS: Rua San Gregorio – Triana, coa súa nai e as súas irmáns.
TRABALLO QUE REALIZAS: Arquitecto.
ESTUDOS: Arquitectura.
ESTADO CIVIL: solteiro.
PAIS NO QUE RESIDES: Perú
CIDADE NA QUE RESIDES: Lima.
Entrevista:
Cal foi a razón primordial da túa marcha? Eu son arquitecto polo que a miña marcha foi máis que obrigada tal e como andan as cousas por aí. Pero non foi isto a razón principal pola que marchei. Aínda que a crise si axudou
Custouche moi amoldarte a tua nova vida? Bastante,  buscar traballo lonxe da casa é complicado, sempre me gustou viaxar e coñecer mundo. Agora vivo en Lima, Perú, e estou traballando nunha constructora. A min non me foi difícil adatarme á nova vida; a xente trátame moi ben e foi fácil facer amigos rápido.
Que diferencias esenciais ves entre os cambadeses a a xente do lugar onde resides? Hai moitas cousas que me gustan daquí: a comida, a xente, a bebida, a festa... A cidade non é das máis bonitas do mundo sobre todo no inverno porque, aínda que non chove, sempre está nubrado. Agás no verán. No verán sempre fai sol e hai moitas cores e contrastes.
Se vindes tendes que probar mil pratos e outros tantas bebidas, todas elas a base de pisco, eso si. É moi parecido á nosa caña pero con outro sabor. E a comida... Encántame! O prato por excelencia é o ceviche, pescado cru macerado en zume de lima, cebola vermella e "ají" (un tipo de pemento picante) Está moi bo pero o meu prato favorito é o "ají" de galiña. Aínda non sei como se fai pero xa haberá tempo para descubrir a receita.
Segues a actualidade da tua vila? Do que acontece en Cambados entérome polos amigos e pola familia, teño varios grupos de conversa no móbil onde falo con todos a diario.
Tes pensado volver? Se a resposta é positiva: a longo, medio ou curto prazo? Agora mesmo, quén sabe cando voltarei para quedarme ou si algún día o farei.
Como levas o da morriña? O da morriña vai por días, as veces apetéceme tomar unha caña ben fría na Leria e discutir cos comepipas calquer parvada. Ou un bo cocido da miña nai e despois durmila enchenta no sofá vendo un partido de tenis.
Que botas de menos do que facias en Cambados normalmente? De Cambados boto de menos moitas cousas: o cheiro do mar, a comida, ir de tapeo, as pipas no concello (hehehe)... e a choiva!! En Lima nunca chove!! Cae un pouco de orballo unha noite e xa din que está a chover!! Pero por riba de todo boto de menos ós amigos e sobre todo a familia. Polo de agora estou ben, lonxe da miña terra e con moito mundo por coñecer. E aínda que non son cento por cento galegofalante, boto de menos falar en galego.
Contame o que fas nun día normal (hora de levantarse traballo, xantar, cea,)? Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer? O meu día a día non é moi interesante a verdade. Érgome moito máis cedo do que fixen na miña vida, ás 6.15 en pé. Vou ó traballo en dúas combis (son furgóns adaptados con sillóns, hai moitísimos por todo Lima e son o principal medio de transporte da cidade. Moi característicos e simpáticos. Toda unha experiencia subir nunha) Entro a traballar ás 8 e saio ás 6, cunha hora para almorzar á 1. De volta, se non quedo con algún amigo para tomar algo ou falar vou á casa onde vivo con máis extranxeiros e ríome un pouco "ensinandolles" castelán. Dous ou tres días á semana fago deporte, vou correr ou a xogar ó fútbol. E de ahí a durmir. Nos fins de semana sempre hai algún plan para saír pola noite, concertos, parrilladas... E o cine aquí é baratísimo así que aproveito e vou bastante.
Cale a festa que mais botas de menos de Cambados:  Pois o albariño! Cal ía ser?!
Hai centro galego ou español onde ti resides? Hai os dous centros, tanto español coma galego. Aínda non fun a ningún dos dous pero sei que de cando en vez xúntanse para facer algunha festa. Con gaiteirada e todo!

Grazas Guillo pola tua colaboración e dixome un paxarño que estes dias vas estar por Cambados pas a voda dun familiar teu, espero saudarte e darche unha aperta.


.




Ningún comentario: