29 de abr. de 2013

MANIFESTACIÓN DO 1º DE MAIO CONVOCADA POLA CIG EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Como cada Primeiro de maio a Cig convoca manifestacións en todo o País para celebrar o Día Internacional da Clase Traballadora.
As medidas adoptadas polos Gobernos do PP no Estado Español e na Xunta de Galiza, como o abaratamento dos despidos, redución de
salarios, aumento da idade de xubilación, redución nos orzamentos para a sanidade e educación, etc. non fan máis que atacar os dereitos da clase traballadora en beneficio unicamente das grandes empresas, da banca privada e dos especuladores/as.
Tras coñecer os datos de desemprego en Galiza, con máis dun 22% de paro, e ante a xa anunciadas novas reformas por parte do Goberno do PP antes do verán, desde o BNG consideramos que sobran motivos para participar nestas mobilizacións que o sindicalismo nacionalista vén de convocar baixo o lema “Partido Popular-Unión Europea, menos dereitos máis pobreza”.
Desde este blog facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas da comarca do Salnés a participar na manifestación convocada pola CIG o 1 de maio, ás 11´00 h., con saída da Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa.
O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO «DRAMA» DO PARO NO SALNÉS
A formación pide «explicacións» ao goberno do amigo dos narcos  Feijoo e chama á poboación a manifestarse o 1 de maio coa CIG
No BNG entenden que a situación económica no Salnés é especialmente «dramática» tendo en conta as súas potencialidades económicas, por iso é polo que decidan presentar unha iniciativa parlamentaria para solicitar unha explicación ao Goberno de Núñez Feijoo e para pedir que se adopten medidas específicas para esta comarca. O Bloque baséase na estatística do paro que no Salnés é dunha taxa do 30 %. «Segundo os últimos datos de marzo, hai 14.681 persoas sen emprego, 7.020 máis en catro anos, desde que ou PP e Núñez Feijoo volveron ao goberno dá Xunta». A iniciativa a firma a deputada cambadesa, Montserrat Prado, quen non escatima críticas á xestión dos populares, tanto en Galicia como en Madrid. «O Pp actúa como se non pasase nada», indicou en comparecencia de prensa, e pediu a dimisión dos seus responsables políticos «xa que non son quen de solucionar esta situación». Prado fixo un chamamento á cidadanía para que participe o día 1 de maio na manifestación que convocou a CIG en Vilagarcía co fin de deixar patente o malestar social que existe ante as humillantes cifras do paro. Fronte á reforma laboral e a inxección económica de diñeiro público aos bancos, o BNG expón medidas como combater a fraude fiscal, a defensa dos servizos públicos e as tomas de decisión sobre os sectores produtivos de Galicia. «Se non se fai e porque non hai votande política», engadiu Prado.


Ningún comentario: