24 de abr. de 2013

CAMBADOS REPARTE “PINCHOS” A ESGALLA.

O II CONCURSO COMEZA O VENRES 26 DE ABRIL
O II Concurso "De Pinchos...por Cambados" foi presentado onte nun acto no Parador de
Cambados ao que acudiron a maioría dos representantes dos establecementos hostalerios que participan no concurso. Terá lugar os días 26, 27, e 28 de abril e 3, 4 e 5 de maio.
A principal novidade e que este ano se poderá degustar durante dous fin de semana os pinchos gratuítos ofertados polos establecementos que participan, que dobran o seu número con respecto a pasada edición, pasando de 7 a 14 establecementos: A Casa da Fonte, Pandemonium, Soho, Mar de Arousa, O Camarote, Ventos, Ribeira de Fefiñáns, Parador, A Taberna do Trasno, VagoViños, Lume de Leña, A Esquina da Meiga, A Casa de Miguel e Sorvitiños.
O publico participante poderá valorar cada un dos pinchos que consuma nun "folleto oficial" que terá que ser cuñado por cada establecemento. Os que consigan sete selos optarán ao sorteo de oito vales de consumición de 25 euros. Os que completen os 14 locais optan a 20 vales da mesma contía. O pincho máis votado polo público fará que o seu creador reciba unha placa conmemorativa como gañador deste segundo concurso.
Outra das novidades que presenta esta edición é unha ruta para blogs, evento ao que “A TI MEU CAMBADOS”  foi invitado a participar, xunto a outras bitácoras locais e blogs de cociña.
Ademais disto, a edición deste ano conta con talleres de elaboración e degustación de pinchos, que se celebrarán o luns 29 e martes 30 de abril, a partir dás 20:00, no Salón de Peña, cunha inscrición de 5 euros, e un número máximo de 20 participantes.
O viño tamén será protagonistas nesta segunda edición gracias a unha cata popular que se celebrará o vindeiro xoves 2 de maio no Salón José Peña. A inscrición nesta cata custa 5 euros e haberá premios de 100 €, 50 € e 25 € en vales de compra para os tres primeiros clasificados.
Para o sábado 4 de maio, a partir dás 19:00 horas no Parador de Cambados, esta programado un concurso popular de pinchos, que conta con premios de 100 €, 50 € e 25 € en vales de compra para os tres primeiros clasificados, e na que todos os participantes serán premiados cunha consumición nalgún dos locais que participan nesta edición.
NOVA E FOTOS RECOLLIDA de http://cambados.org.es/






Ningún comentario: