OS EMPREGADOS: MENOS TRABALLO MENOS SOLDO.
MENTRES ALGUN DE “MARRAS” COBRA 3.000 € O MES, COCHE OFICIAL E DEMAIS “SUPLEMENTOS”.
SOCIOS DA CONFRARIA: “A MELLOR MEDIDA É A DIMISIÓN DE BENITO”.
![]() |
| Xestionan mi ben os seus cartos, pero moi mal o de todos. |
Segundo Rosa Abuín, da CIG en Ou Salnés, ao encontro asistiron o patrón maior, Benito González, así como membros da asesoría que estivo estudando a situación financeira do pósito, co fin de atopar unha solución á importante caída de ingresos rexistrada á pechadura do exercicio de 2012.
O fin da reunión era entablar contacto pero a sindicalista espera empezar a negociar as condicións do ERE a mediados do mes de maio. No entanto, todo dependerá do tempo empregado na revisión das contas económicas da entidade, que xa obra en poder dos representantes dos traballadores e será fundamental á hora de definir as propostas.
Con todo, a idea inicial é poñer en marcha un ERE similar ao aplicado nas cofradías de Vilanova e A Illa, é dicir, que pasaría por unha redución de xornada e soldo, evitando os despedimentos. A cambadesa ten 24 persoas en nómina e o patrón maior dixo en anteriores declaracións que aínda que é necesario alcanzar unha serie de obxectivos económicos que palien os efectos da perda de ingresos, serán os empregados quen decidan a fórmula para alcanzalos.
![]() |
| Os mais prexudicados: os empregados da confraria. |
Neste sentido, o capítulo de persoal estivo no punto de mira desde o primeiro momento porque representa o gasto máis importante do pósito. De todos os xeitos, non se descarta a adopción doutras medidas a maiores, para aforrar en gastos, dende este blog propoñemos a Patrón Maior que gaste menos en presentar querelas contra os asociados que despois non chegan a nada pero os avogados hai que pagalos igual. E non para Benito, pois para o vindeiro día 14 ten un acto de conciliación contra varios socios da confraria. Suma e sigue gastando cartos, como non son del non lle doen nada.
O mais triste de todo isto é que algúns empregados da confraria, os cales lle vai ir os seus “petos” directamente ainda defenden o individuo en cuestión.




Ningún comentario:
Publicar un comentario