CONTABA 59 ANOS DE IDADE
Hoxe Cambados está de loito, pois finou o coñecido pediatra cambadés Isidoro Pintos Costa, despois dunha longa enfermidade. Isidoro tiña 59 anos e deixa muller e cinco fillos. Todos cambadeses de certa idade, coñeciamos a Isidoro entre outras cousas por que o seu pai Isidoro Pintos foi un gran xestor e o que levou a Conservas Peña as súas cotas mais altas, pola sua banda súa nai era a propietaria da mítica tenda de roupa “Marbel” sita na rúa Nova, onde hoxe hai unha óptica. Isidoro ten catro irmáns todos eles moi coñecidos en Cambados. Isidoro era un pediatra de recoñecido
prestixio que estaba destinado no Centro de Saude de Cambados, unha persoa afable e un gran profesional. Colabaroba en distintas publicaciónes entre elas a Rexista de Xadre que sae todos os anos polo Albariño, o seu derradeiro artigo foi “A asma infantil”..

Os seus restos velanse na Tanatorio do Salnés na Avda. da Pastora e o seu enterro terá lugar mañá as seis menos cuarto da tarde na igrexa parroquial de Santa Mariña e serán inhumados no Cimiterio de Santa Mariña Dozo. Dende aquí o noso pésame mais sentido a súa familia e descanse en Paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario