15 de abr. de 2013

Marieta… UN NOVO VIÑO DE MARTIN CODAX

O PRIMEIRO SEMISECO DA MARCA.
O IMAXEN DA BOTELLA, MARABILLOSA…,COMO NON DE MARTA LOJO.
Marieta é nome de muller, un nome propio e sonoro que denota certa intimidade; de aspecto cosmopolita, “vintage”, libre e novo, é toda unha evocación veneciana ou parisina… e unha tentación irresistible porque Marieta é nome de muller, si, pero ser, é un viño, un branco, un albariño. 
E non é un albariño calquera, é o primeiro semiseco desta denominación de orixe e é tamén obra dunha das súas asdegas máis prestixiosas, Martín Codax. 
Esta adega de nome propio e literario evoca medievo, xuglares e un pergamino, o que apareceu un bo día entre o “de officiis” de Cicerón que Pedro Vindel gardaba na súa biblioteca; nel lense, poética e musicalmente, as “cantigas de amigo” do xuglar Martín Codax, claro que o amigo de entón era en verdade o amante ou, cando menos, o amado. 
Desde esta herdanza cultural e desde a terra da uva branca, vai tomando forma e veu unha bodega moderna que coida ata o último detalle a elaboración dos seus viños e tamén o seu etiquetado; non hai máis que ver como viches Marieta de guapa… 
A imaxe da botella de Marieta é obra e arte do estudo de deseño de Marta Lojo que, desde Cambados e para o mundo, asina algúns das identidades de viños e produtos alimenticios máis recoñecidas, entre elas esta Marieta e outros viños da bodega Martín Codax. 
Vista Marieta e descuberto a súa cor amarela con reflexos de limón ao servirse unha copa, toca degustarla nos seus aromas e o seu sabor… 
En naríz é un viño intenso, de fondo cítrico, con notas de melocotón, mazá madura e melón; non perde intensidade en boca… 
Marieta é un albariño novo, presentado en sociedade fai menos dun ano, que chega coa intención de atraer e conquistar os gustos novos pouco feitos ao viño ou reacios aos brancos; é un viño que garda a esencia do “amigo” das “cantigas” e víchela moderna e guapa para renderche… 
Un artigo de Berta Rivera

Ningún comentario: