15 de abr. de 2013

GRATITUDE

(POR MARIA TERESA ARENAZ)
Como nai afectada e como socia cofundadora  e directiva da Asociación Desperta Cambados, acudin cun grupo de cidadáns á sesión
parlamentaria do mércores 10 de abril, polo que quero expoñer no meu propio nome e no dos meus compañeiros o seguinte: 
A nosa gratitude  polo feito de que este grave problema fose tratado na Cámara parlamentaria, o igual que se deberia facer  con tódolos problemas da ciudadanía para que se busquen solucións conxuntas e consensuadas. Sentímonos totalmente representados nas intervencións levadas a cabo polos Sres. Jorquera,  Beiras e Vázquez. Doeúme profundamente que o señor Feijoo dixese que “non tiña coñecemento do tema” e os seus argumentos foron derivar a outros asuntos que en nada tiñan que ver co motivo da súa comparecencia, así como o insulto provocativo o dicir que a oposición non era digna da acta parlamentaria, cando a oposición representa, coma él, a moitos galegos e galegas.
Por todo o que escoitei alí, así como polo transmitido nos distintos medios, máis nos reafirmamos en solicitar a dimisión de Alberto Núñez Feijoo, ó giual que o fixeron moitos cidadáns galegos, tal e como acreditamos coa recollida de firmas mostrada polo Sr. Beiras na sesión parlamentaria. 
MARIA TERESA ARENAZ.  CAMBADOS.
Esta carta foi publicada hoxe na “Voz de Galicia” .

Ningún comentario: