26 de abr. de 2013

FARO DE VIGO NON SE PORTOU BEN CON JOSE LUIZ OUBIÑA

Cando nos enteramos do despido por Faro de Vigo de todo un monstruo da fotografía como José Luiz, a verdade quenos entrou unha gran tristura porque José Luiz pasara a formar parte das nosas vidas e ali o viamos en calquer acontecemento, dounos gañas de escribir algo sobre o tema pero non o coñeciamos a nivel persoal tanto como Benito Leiro xefe de prensa do concello de Cambados, cunha pluma digna de envexa da que se aproveita en moitos dos seus discursos o noso alcalde. Benito escribiulle a seguinte dedicatoria a Oubiña:
“”José Luiz Oubiña é sobre todo un pai de familia (?heroe do nosso tempo?) que exerce de fotógrafo todoterreno e creador intuitivo, deses que deixan o seu impronta en cada imágen. É un deses reporteros de casta que, mediante a imágen cotiá, gaña amigos e adeptos para a súa causa informativa.
 Tamén foi durante 20 anos un profesional rendible para a súa empresa, por iso é polo que resulte aínda menos entendible a súa marcha do Faro de Vigo. 
José Luiz Oubiña cubriu unha etapa longa e fructífera de dúas décadas como redactor gráfico de Faro na delegación de Arousa, o cal ten un mérito enorme polo que significa de entrega e dedicación a un traballo diario tantas veces duro e tantas outras delicado. Coñecín a Oubi no desaparecido Xornal Diario, de Pontevedra, alá por 1991 cando este proxecto xornalístico afundíase. Trala desilusión do intento fracasado o exdirector do Xornal, Javier Sánchez de Deus, que retornaba ao Faro, nos fichó para a delegación de Arousa. Asinamos xuntos en Chapela (febreiro de 1993), co entón director Ceferino de Blas como testemuña, e compartimos unha etapa moi ilusionante traballando duro para poñer en marcha a flamante edición Arousa, con Juan Carlos dá Silva á fronte. 
Na súa longa traxectoria como redactor gráfico, recordo reportaxes memorables de José Luiz, como cando captou o drama da inmigración ilegal no porto de Vilagarcía mediante imaxes que nos tocaron a fibra máis sensible. Ou cando se xogou o físico para roubar fragmentos dos rostros semi cubertos de presuntos narcos camiño do xulgado. Unha das maiores aventuras compartidas con Oubi ?sen contar unha cobarde agresión- sucedeu unha madrugada lluviosa de inverno cando montamos garda diante da Comisaría de Policía de Vilagarcía para seguir en vivo e en directo unha espectacular operación contra o patrimonio dun famoso narcotraficante. Ata os policías, sorprendidos pola nosa presenza, pedíronnos que nos afastásemos, que podía ser perigoso, e que lles deixásemos facer o seu traballo. Por suposto, nós pedímoslles o mesmo, que eles tamén nos deixasen facer o noso traballo. O risco vai de seu. 
Sería moi longo explicar a traxectoria profesional de José Luiz, pero a súa constancia e o seu peculiar enfoque convérteno nun dos mellores fotógrafos do xornalismo galego actual, como o proba ?entre outros- o premio Galicia en Foco de 2008. Oubi é un currante da fotografía que tamén aposta pola arte. E o mesmo ilustra portadas de libros como enriquece catálogos de pintura ou promueve exposicións con outros artistas amigos, ata para causas tan nobres e solidarias como a anual de Caritarte. 
Aquí quería chegar: máis que explicar a indubidable categoría profesional do “compañeiro” José Luiz, interésame resaltar o seu gran corazón, o seu trato amable, o seu sorriso que brota sincera, entre outras calidades que expresan a súa calidade humana. Moita sorte nas túas novas etapas, amigo. “”
Benito Leiro

Ningún comentario: