26 de abr. de 2013

A “GARDA PRETORIANA” DO PP ASISTIU O PLENO DE ONTE SOBRE AS PREFERENTES

O FINAL SO ACUDIRON  O PLENO DUAS PERSOAS AFECTADAS POLAS PREFERENTES, UN ESTABA ENTRE O PUBLICO E OUTRA NO SEU POSTO DE CONCELLEIRA.
LUIS ARAGUNDE CIFRA OS AFECTADOS POR PREFERENTES DA VILA EN 200. 
O Pleno abordou onte duas mociones sobre as preferentes. Ao contrario do sucedido en sesións doutras Corporacións municipais de Galicia, a de Cambados puido celebrarse aínda que entre o público había un veciño afectado que acudiu en solitario, cun cartel onde dicía “Devolvédenos vos nosos aforros. Banda de ladróns”; e que a parte dun claro xesto de indignación e algún comentario en voz baixa durante o debate de ambas propostas, non fixo máis que escoitar e abandonar o salón cando rematou o asunto. 
Finalmente, a única proposta que saíu adiante foi a do PP grazas á súa maioría. O PSOE abstívose porque condicionou o seu apoio á introdución dunha enmenda e esta non prosperou; mentres que o BNG votou en contra por caduca, xa que a quita xa está aprobada e non se devolverá o 100% dos aforros, como se pedía na moción; e creen que os gobernos do PP en Madrid e San Caetano, “puideron facer máis”, indicou o seu portavoz, Víctor Caamaño. 
De feito, explicou que solicitaron a reprobación dos 15 deputados galegos no Congreso por este motivo.Con todo, Caamaño considera que o foro municipal tamén serve e chegou a dicir que “non tería inconvinte” en estar nunha lista polas decisións que tome. 
Luís Aragunde ultimamente tenos afeitos a largar discursos inutiles, vacios de contido co unico fin de “encherlle a ourella” a súa garda pretoriana e a súa garda de confianza (habia 18 persoas entre o público, 14 eran das gardas antes referidas), notase en demasía cando non lle fai os discurso o seu xefe de prensa Benito Leiro. Segundo o alcalde, hai uns 200 preferentistas e un 35%, aproximadamente, cobrou tres un arbitraje faltoulle dicir se a concellerira do seu partido que tiña preferentes tamén abrazou a arbitraxe. Foi nese momento cando desde o público escoitáronse os comentarios de molestia do afectado: “Pero que dis”, exclamou, iso si, nuevamente en voz baixa.


Ningún comentario: