Un dos grupos mais de moda do momento na zona é sen dubida “Noite Fechada”, están que non paran, e mañán sábado
ofrecerán un concerto sorpresa nun dos lugares mais de moda do Salnés o Pub Vinoteca Encontro. A partires das 12 noite poderemos ver en acción a Matias, Carmelo, Gustavo e Bruno. Por certo hoxe a noite no mesmo lugar están os Alkrikes.
ofrecerán un concerto sorpresa nun dos lugares mais de moda do Salnés o Pub Vinoteca Encontro. A partires das 12 noite poderemos ver en acción a Matias, Carmelo, Gustavo e Bruno. Por certo hoxe a noite no mesmo lugar están os Alkrikes.
Noite Fechada nace dunha coña o 9 de decembro de 2012, dun cachondeo entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro, e como non podía ser doutra maneira, tratamos de contar calquera carallada que nos pasa ou se nos ocorre en clave de cachondeo. Empregamos o noso ghallegho típico para versionar (ou máis ben violar…) coñecidos temas que sempre tiran cara o rock.
O grupo componse dos seguintes personaxes:
MATIAS
O As das 6 cordas cunha voz feita para baixar braghas (a los hechos me repito). Podémolo comparar con Iniesta tanto por clase como por color.
CARMELO
A carallada en persona, ghitarrista e a voz máis rockera do grupo, ó 120% sempre (a ver canto aghuanta así, que xa vai tendo unha edá…)
Claro exemplo do poder do Rock&Roll, sin ter case idea en 3 meses púxose ó día para tocar no grupo (un tío moi desperto). Ghústalle o Jack Daniel’s como a un tonto un lapis, e ainda que o seu instrumento sexa o baixo, é máis alto que el
BRUNO
Papá. O único que pon unha nota de cordura no grupo. Sen el cada hora de ensaio resumiríase en 5 minutos tocando e 55 mamándonos (de novo, a los hechos me repito). Tamén coñecido como Canario ou Bruno Manosbaquetas, un puto metrónomo á batería.
P.D.: sempre que a retribución supere o millón de euros podemos facer reggaetón ou calquera basura que se nos pida
Mais info en http://noitefechada.wordpress.com/concertos/



Ningún comentario:
Publicar un comentario