28 de abr. de 2013

IMPRESIONANTE AMBIENTE EN CAMBADOS GRAZAS AO CONCURSO DE PINCHOS

ZONA CENTRO GAÑA ADEPTOS CON INICIATIVAS COMO ESTA
PODES VER TODOS OS PINCHOS UN A UN AQUÍ.
Antes de nada das as grazas a xente de Zona Centro por invitar a este blo o percorrido dos blogueiros probando todos os pinchos a concurso.
Garavanzos estofados con alga wakame, fideos con ameixas de Cambados, tartar de tomate e anchoa ou tigretón de filloas. Esta son só algúns dos petiscos que durante este fin de semana pódense degustar en Cambados. Catorce locais participan na segunda edición dun concurso que busca animar a veciños e visitantes a encher os establecementos. E estao conseguindo. Os locais participantes fóronse enchendo, aos poucos, durante o mediodía de onte. Todos, querían probar estas pequenas pero saborosas propostas gastronómicas.
A primeira xornada do concurso de petiscos resultou todo un éxito. Durante a noite do venres, o certame permitiu que os locais participantes se enchesen de xente antes das horas habituais. E é que para degustar unha destas racións é preciso facelo antes das dez e media da noite. A afluencia notouse, sobre todo, na zona de Fefiñáns, lugar de encontro habitual para a noite das venres. Tamén alí se sitúan boa parte dos locais participantes.
A escena repetiuse onte pola mañá. Aos poucos, entre ballón e ballón, os establecementos participantes fóronse enchido de xente. «¿Que pico vai tomar? ¿Sabe como funciona isto do concurso?», preguntaban os camareiros aos que entraban nos seus locais. Había tamén quen viña de segundas, buscando esa proposta que tanto lle gustou o día anterior. A clientela completábana os dispostos a encher de selos as cartillas que lles permitirá participar no sorteo de agasallos e consumicións, que ían de bar en bar.
A oferta de petiscos é en grao sumo variada. Hainos con nome enigmático, como A cesta dá Fonte ou Sorpresa Galega. Tamén, os que levan o nome do municipio, como a Sorpresa de Bacon Baixo ou Arco de Fefiñáns. Abundan as tosas, as minihaburguesas, sexan de peixe, de atún ou á grellada, e os montaditos. Non faltan as empanadas, de vieira e polbo ou de cogomelos e lagostinos, nin os mariscos e peixes, en forma de navallas da ría en tempura e de brandada de bacallau con fabas en escabeche.
De encher os locais encargáronse tamén onte os responsables dos blogues do Salnés. Invitados pola organización, os autores percorreron un total de sete locais para degustar todos e cada un dos petiscos que se elaboran nos mesmos. A delegación estaba formada polos autores de Vivir en Cambados, Dúas voltas de porca e A ti meu Cambados. Tamén, polos autores de páxinas gastronómicas como Almudelicias, O sabor do doce, Sabores e Cheiros, Lareiras e Maris ou A cociña do avó.
Armados con cámaras de fotos, retrataron todas as propostas. Tamén as probaron, pois a idea é que despois poidan falar do certame nas súas respectivas webs e darlle publicidade ao mesmo. Tras unha primeira visita pola mañá, puideron gozar dunha comida en Adegas Núñez e vista guiada ao Pazo de Fefiñans. Ás oito e media da tarde volveron á carga e degustaron as propostas doutros seis establecementos.
Insistimos o que xa é un gtan éxito de Cambados Zona Centro, e ainda queda o fin de semana que ven, ademais dos actos programsados para esta semnana e xa demos conta deles neste espazo. PODES VER MOITAS MAIS FOTOS NA COLUMNA DA DEREITA.
Grazas a http://cambados.org.es/ polas fotos
OS PINCHOS UN A UN
A CASA DA FONTE:
SORPRESA GALEGA
A CESTA DA FONTE

PANDEMONIUM
BRANDADA DE BACALLAO CON ALUBIAS ESCABECHADAS
GARBANZOS ESTOFADOS CON ALGA WAKAME

SOHO
TOSTA DE POLO E BEICON  AO "GRANA PADANO"
MINIHAMBURGUESA BARBACOA

MAR DE AROUSA (REBOREDO)
PEITUGA  Á PRIMAVERA CON CGAMPIÑONS
FIDEOS CON AMEIXAS DE CAMBADOS

O CAMAROTE
BRONCHETA DE ALBONDIGAS CASEIRAS SOBRE NIÑO  DE PATACAS DE PALLA
TRIO DE MEXILLÓNS  NAS S´ÑUAS SALSAS (VINAGRETA, FORNO E ESPECIAL DA CASA)

VENTOS
CORTELLO DO DESERTO
REVOLTO MARIÑO AO VENTOS

RIBEIRA DE FEFIÑANS
GULASD CON GAMBAS E XAMÓN IBÉRICO.
TARTAR DE TOMATE E ANCHOAS

PARADOR
EMPANADA DE VIEIRA  E POLBO CON PAN DE MILLO
BOCADIÑO DO ATLÁNTICO (MINIHAMBURGUESA DE ATUN  LEITUGA DE MAR E TOMATE CON MAIONESA E OVAS DE OURIZOS)

A TABERNA DO TRASNO
TIGRETON DE FILLOAS
PEMENTOD RECHEOS DE "TXANGURRO" CON MOUSSE DE NECORAS

VAGO VIÑOS
NAVALLAS DA RIA EN TEMPURA
"GILDA" CASEIRA CON VERMOUTH

LUME DA LEÑA
SORRENTINOS CAPRESE
PANECILLOS LUME CON FROITOS SECOS VARIADOS

A ESQUINA DA MEIGA
HAMBURGUESA DE PORCO IBERICO  Ó PEDRO XIMENEZ
MONTADO DE LACON CON GRELOS E ALLOS VERDES

SORVIÑITOS
SORPRESA DE BACON BAIXO O ARCO DE FEFIÑANS
EMPANADA DE SETAS E LANGOSTINOS

QUEDARNOS PO DEGUSTAR OS DA CASA DE MIGUEL POR FALTA DE TEMPO.




























Ningún comentario: