8 de abr. de 2013

O C.J. CAMBADOS HOMENAXEA AOS PRESIDENTES

Onte no descanso do Encontro Nigrán – Cambados,  levouse a cabo un dos actos do 50 aniversario do club, coa homenaxe aos
presidentes. Non puideron estar todos, pero si 6 deles. Prado Acha “Xepe”, Angel García, Suso Pomares, Richar Charlín, Xaquín Charlín “Chon” e Sergio González “Millán”,  recibiron un escudo da entidade que conmemora as súas 50 anos de existencia. Agradedese esta clase de recoñcementos pola parte que nos toca, pero os verdadeiros protagonistas da historia do CluB Juventud  Cambados, son os xogadores, algúns deles escribiron páxinas de ouro do noso club. 
O Club tamén quere facer saber que o vindeiro 20 de abril estáse a organizar unha cea  para festaxar estes 50 anos do Club, que será no Restaurante Forniños de Cambados, están as entradas a venta no club polo prezo de 40 euros.
A partir de hoxe podes ver na columna da dereita unha entrada directa a Historia do Club Juventud Cambados en fotografías xentileza de  “A TI MEU CAMBADOS”, a que está a disposición de todo o publico en xeral e por suposto da xunta directiva.
O CAMBADOS GAÑA AO NIGRÁN E SOÑA COA PERMANENCIA 
O Cambados logrou unha valiosa vitoria onte en Burgáns ante o Nigrán que lle permite soñar coa permanencia. O certo é que o duelo foi moi vistoso, de ida e volta e ocasións nas dúas áreas. Os locais tiveron que remontar o tanto inicial de Maquitos. Primeiro Héctor rompendo o fóra de xogo, e na segunda parte Caldas cun gran disparo á escuadra lograron a remontada. Con 1-1 no marcador na primeira acción da segunda parte o Nigrán tivo a súa mellor ocasión nun man a man de Jonhy. Logo perdoou Pénjamo. Jiménez tamén estivo preto tras regatear a tres defensas. Pero sería Juan Caldas cun gran disparo o que lograría un tanto que vale 3 puntos de ouro. Pese a quedarse con dez, o Nigrán intentouno ata o final. 
.

Ningún comentario: