19 de abr. de 2013

O COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNES CUMPLE 25 ANOS

A SÚA LABOR E IMPAGABEL.
Este ano cumpren 25 anos, como ben sabedes, e queren que vos vaiades celebralo con eles.
Será unha
boa escusa para xuntarse e aledarnos de ser capaces de manter aos Colectivo Ecoloxista do Salnés en pé, na procura de que a nosa comarca non perda de todo as súas pinceladas de natureza, tan descoñecidas para algúns e tan importantes para todos.
A cita é o Sábado 20 de abril, no restaurante Villa Juanita ( O Grove).
- ás 20:15: Asemblea anual
- ás 22:30: Cea dos 25 anos
Na reunión, ademais da orde do día , ivan dar un repaso á memoria histórica do CES (os anos pasan para todos…) e tamén presentaran un concurso.
Tamén farase a presentación oficial dos resultados do Informe da Costa 2013 en plataforma dixital.
Dende este humilde blog desexamoslle todos os parabéns do mundo e que polo menos cumpren outros 25 anos mais.


Ningún comentario: