19 de abr. de 2013

PARABÉNS "CLUB JUVENTUD CAMBADOS"

POR  VICTOR CAAMAÑO       
Cambados está de noraboa; o noso emblemático club de futbol acaba de cumprir 50 anos. Ten que ser un motivo de celebración,
para todos os cambadeses/as, que un dos seus  clubs deportivos fora capaz de prolongar a súa vida durante 50 anos, porque iso é unha mostra de compromiso social por parte de todas aquelas persoas que fixeron posible esta realidade  ao longo de medio século. 
Victor coa camiseta do Cambados
Durante ese tempo, moitos, tivemos a posibilidade gozar emotiva e fisicamente deste Club e, anos despois, o recordo dos bos momentos pervive, mais o que é mellor que iso, o noso equipo de futbol segue aí. Segue aí e seguirá facendo posible que moitos nenos de Cambados poidan gozar da oportunidade de xogar ao futbol vestindo a camiseta amarela. O “Club Juventud de Cambados”  leva 50 anos facendo posible que centos de nenos gocen dun belo deporte, que lles axudou a formarse como deportistas pero tamén como persoas. Porque no futbol, como deporte de equipo, as persoas nos formamos física e mentalmente; sacamos o mellor de cada un de nos pero tamén aprendemos a valorar o traballo en equipo, algo que será fundamental na nosa vida. 
Nesta onomástica, en ningún caso debemos esquecer ás persoas que, ano tras ano, soportaron o peso organizativo deste club deportivo. Sen eles esta historia non sería posible. O traballo na sombra é pouco agradecido e só o compromiso real é capaz de levarnos a soportar este esforzo, tantas veces minusvalorado. Agora, no momento do recordo dos éxitos conseguidos, é cando debemos agradecer o traballo de todas aquelas persoas que loitaron, desde fora do terreo de xogo, para que hoxe o cambados estea de aniversario. Parabéns, “Club Juventud de Cambados”; a seguir adiante con esta aventura e moito ánimo para superar os momentos difíciles polos que estamos a pasar.

O PASO DE VICTOR POLO CLUB JUVENTUD CAMBADOS


 EQUIPO XUVENIL TEMPADA 1976-1977 . De pe de esquerda a dereita: Pocholo, Richar, Benito, Panocha, Vivo, Cubeiro. Agochados: Javito, Monchito, Toni, Chacholas e Victor.



Equipo Xuvenil Tempada 76/77.- De pe de esquerda a dereita: Milo, Pocholo, Richar, Benito, Panocha, Vivo, chito, Rafa. Agochados: Agra, Javito, Monchito, Toni, Cacholas, Victor e Cubeiro.


Xuvenís do Cambados Tempada 76/77 (¿?). De pe de esquerda a dereita: Chito, Agra, Toni, Vivo, Rori (adestrador), Pocholo, Victor, Jorge. Agochados: Palacios, Benito, Somoza, Panocha, Javito, Cacholas, Lois e Roque.

XUVENÍS TEMPADA 77-78  CAMPEÓNS DE LIGA 

BENITO, RAFA, RICHAR, POCHOLO, TONI, PANOCHA, REINO, MILO, RORI (ENTRENADOR) 

JVITO, CUBEIRO, VICTOR, CACHOLAS, VIVO, AGRA, MONCHO

Estadio de Pasarón-Pontevedra. 01/07/78. Final da Copa de Pontevedra de Xuveniles. Cambados 3 - Alba 0. De pe de esquerda a dereita: Palacios, Cubeiro, Vivo. Roque, Victor, Toni, Cacholas, Rodri (adestrador), Pocholo e Panocha. Agochados: Monchito, Richar, Javito, Reino e Benito.

Ano 1978.- O s xuvenis son recibidos na Merced despois de quedar campións de copa en Pontevedra. De esquerda a dereita:Rafa, Cubeiro, Benito, Toni, Richar, Monchito, Javito, Pocholo, Panocha, Reino. Vivo, Ulloa, Cacholas, Agra, Victor e Milo.

Ningún comentario: