19 de abr. de 2013

O GOBERNO ESTUDIA CONCEDERLLE A LUIS ARAGUNDE A MEDALLA AO MERITO NO TRABALLO

(TEN MERITO QUE NON RASQUE BOLA E COBRE O QUE COBRA)
    POR RICARDO DOMINGUEZ REY
     
Quero comezar hoxe con unha confesión, unha confesión intima e persoal: estoume namorando de Luís Aragunde; así é, queridos amigos, o alcalde de Cambados faime tilín pero non esperedes que, coma esas películas románticas que tanto gustan (sobre todo entre o público feminino) entre a buscalo ao seu despacho municipal e, tras un cruce de miradas cómplices, o colla en brazos e o leve ao paseo marítimo a ver como se pon o sol no fondo da ría; non esperedes iso porque, primeiro, o alcalde de Cambados non ten, en absoluto, o atractivo necesario para levantarme a libido e, segundo, porque para coller a Aragunde en brazos faría falta, como mínimo, ser  un deses  levantadores de pedras vascos  que levantan moles de mais de 200 quilos. 
     
Non amigos, o que de verdade me atrae de Aragunde son as súas declaracións na prensa, as entrevistas que realiza, debo admitir que me resultan tremendamente adictivas. Fai unhas semanas aquí mesmo analizabamos unha entrevista que lle realizaron fai uns tres anos, onde, cando coñeces ó personaxe en cuestión e a súa xestión fronte ó concello como a coñecen ( e sobre todo  a sufren)  todos os cambadeses, ves o falso e cómico que resulta todo o que di. 
          Dende ese dia que me atopei, en internet,  con dita entrevista non podo deixar, nun claro exercicio de masoquismo,    de buscar nas hemerotecas dos distintos medios da prensa dixital, todo o que manifesta e, dende logo,non teño a menor dubida de que  se intentase adrede facer declaracións mais papanatas e ridículas non creo que o lograse. 
       
Hoxe vou comentar a resposta que dou a  unha pregunta, dentro dunha excelente entrevista que lle realizou Anxo Martínez e que apareceu na  edición dixital do “Faro de Vigo” de fecha 8 de xuño de 2012, fai pouco mais de dez meses. Esta entrevista foi moi sonada e pasará os anais da historia porque foi aquela onde o alcalde dixo, por primeira vez,  a mentira de que a iniciativa da estatua de Fraga partira do “sector do viño” e, ademais, a afirmación de que cando lle formularon tan desatinada  proposta, non tivo mellor ocorrencia que comezar a xestionar unha subvención pública, como se Cambados non tivese outras necesidades mais urxentes que a de levantarlle unha estatua a un antigo fascista como foi Fraga Iribarne. 
     
Pero antes de ir a tan “brillante” comentario quero poñer en antecedentes que é o alcalde de Cambados, porque quizais, axude a comprender porque contesta o que contesta. 
      Luís Aragunde era unha rapaz san,deportista,  cambadés coma moitos de nos, que caia ben, empatizaba con moita xente e  que  era fácil velo apuntarse a moitas iniciativas; un dia decidiu dar o salto a o rodo da política, ata aí do mais normal e, incluso, loable dito xesto. De esa época, quizais,  a anécdota  mais destacable foi cando, no verán do ano 2006 (se non me faia a memoria), durante a tremenda campaña de incendios que asolou Galiza, o entonces candidato Feijoo foise a facer a foto a un monte no que se acababa de extinguir un incendio, cando de repente produciuse un pequeno conato de lume e entonces, o hoxe presidente da Xunta e antigo (¿antigo?) amigo dun narcotraficante, para quedar de heroe, colleu unha mangueira con intención de apagalo.    
A escena non deixaba de ser de todo cómica: ver a Feijoo coa súa camisa e pantalón de marca, e os seus lustrosos  náuticos  (vamos,  de “modelo fashion” total) como agarraba a mangueira e demostraba como   en toda a súa vida, nunca había apagado un lume. Pero o mellor de dita escena veu cando o cámara de televisión abriu o plano da imaxe e vimos como, servizalmente, o actual alcalde de Cambados dáballe de man a mangueira. Esta, quizais, é a mellor metáfora que define a función de Aragunde na política, agarrarlle a mangueira a os que de verdade dirixen o chorro (non lle vaiades a buscar a esta afirmación connotacións sexuais que vos vexo vir) ; dicir que Luís Aragunde é unha marioneta de Xosé Manuel Cores Tourís (que é quen realmente está a gobernar Cambados)  é dicir unha obviedade; Tourís é un saco de defectos pero, dende logo, parvo non é; quizais,  por iso,  cando Feijoo o chamou para ocupar o seu actual cargo, soubo atopar a maneira de seguir gobernando Cambados na distancia e esa foi poñendo a un fiel recadeiro como é Luís Aragunde. 
     
Aragunde é totalmente consciente de todo iso, por elo, sempre que fai declaracións á prensa intenta darlle un aire de solemnidade e profesionalidade do que, obviamente, carece. Para que me entendades vouvos a poñer un exemplo: ¿lembrades esas películas dos anos 60, nas que un “españolito” do mais corrente, interpretado, normalmente por  actores como Alfredo Landa o José Luís López Vázquez (para min dous dos mais grandes do noso cine) conseguían ligarse a unha estranxeira (fundamentalmente suecas), non polos seus encantos de macho ibérico,   senón porque  adoitaban coincidir con elas, xa borrachas, nas festas da época e, despois, para xustificar tal tremenda “fazaña” ante os amigos, e  darse de importantes contaban unha historia que nada tiña que ver coa realidade....... pois ese é   Luís Aragunde  que vai de flamante xestor e non fondo non move un dedo sen contar coa aprobación de Tourís, e por iso intenta contarnos “películas”
      9A continuación póñovos a pregunta  e a resposta que da  en dita entrevista e, coma na ocasión anterior, transcríboa  en castelán tal como viña, non perdades detalle porque a cousa ten miga:
      
           
PREGUNTA – ¿Cómo es la jornada de trabajo de Luís Aragunde?
      RESPUESTA– Muy intensa. Entro en el ayuntamiento a las 9 de la mañana, pero normalmente ya me reúno media hora antes con el teniente de alcalde, el jefe de la Policía o el jefe de Obras para hablar de trabajo mientras tomamos un café. Entre Antonio Iglesias y yo atendemos por la mañana a unas 30 personas y muchas veces no salgo de aquí antes de las 15,30 horas. Vuelvo a trabajar sobre las cinco. Normalmente empiezo visitando alguna obra, y regreso al consistorio sobre las seis. Por la tarde haces otro tipo de gestiones y aprovechas para revisar la documentación con calma. Me voy para casa sobre las 22,30 de media. Eso de lunes a viernes. Los sábados y los domingos los dedico más bien a asistir a actos.
    Á vista de esta contestación, dende aquí fago un chamamento  público para que todos os cambadeses vaian pensando en facerlle unha homenaxe a tan “sacrificado” servidor público;  dende logo os veciños de Cambados nunca poderemos estarlle suficientemente agradecidos a Deus Todopoderoso por habernos premiado co nacemento no noso mesmo pobo de tan eficiente traballador.......menos mal que Luís Aragunde é alcalde de Cambados, con pouco mais de 13.500 habitantes  porque se chega a ser alcalde de unha cidade coma  Nova York con mais 8 millóns   teñen que aumentar os días  de 24 horas a 60  para que este home  dese a basto. 
      Bromas aparte,  o peor inimigo para políticos (se é que a Aragunde se lle pode chamar político) como o alcalde de Cambados, (a parte das hemerotecas) é a historia, porque, antes que Aragunde, houbo outras persoas que ocuparon o seu cargo e fixérono infinitamente mellor que este “crack”,e,  en concreto, voume referir a Don Xoán Antonio Pillado Silvoso.  
     
En algunha ocasión xa falei aquí mesmo da xestión de Pillado Silvoso e, dixen entonces, que, persoalmente pra min, este señor foi o mellor alcalde que tivo Cambados nos últimos 50 anos; para argumentar isto, baseábame en que Pillado, aparte  de que tivo que gobernar nunha época moito mais convulsa dende o punto de vista social e político, cunha recen estreada democracia, fíxoo  sen ningún apoio institucional, a diferenza de Aragunde que ten ós seus admirados Louzán, Feijoo e Rajoy nos diferentes órganos de goberno; intentar comparar a Aragunde  con Pillado Silvoso resulta ata insultante; Pillado Silvoso non veu a servirse da política para o seu beneficio propio, compatibilizou a súa función de alcalde coa súa profesión de mestre, renunciando (a diferenza de Aragunde) á dedicación exclusiva. É certo que, en ocasións, Pillado ia, case sen comer, para o colexio ou habendo  durmido menos do que debería, pero  tamén é certo que ninguén pode negar que, a pesar dos posibles erros que puidese  haber cometido (como os que cometemos calquera de nos), a súa traxectoria na alcaldía foi excepcional  e, dende a perspectiva que me da coñecer a moitos dos seus antigos alumnos, tampouco na súa función de mestre se lle pode, botar nada en cara. Do mesmo modo, Pillado non se rodeou de cargos “parasitos” e inútiles...... gustaríame que alguén me explicase, algún dia, para que necesita o concello de Cambados un arqueólogo, ¿acaso está buscando restos do “home de Atapuerca” no noso municipio? Se é así podo dicirlle que xa pode parar, se o quere    atopar está no concello, traballando “duramente”. 
     
Dito todo isto a pregunta é clara: ¿que é mais probable,  que Aragunde sexa  un total incompetente ou acaso Pillado Silvoso era un fora de serie? aínda que tamén cabe a posibilidade de que se dean as dúas afirmacións á vez, porque visto o visto,temos que  Pillado era capaz de levar ó concello e a súa profesión de mestre á vez (sen custarlle un peso ó concello) fronte a Aragunde que se enche a boca dicindo que traballa mais horas que un reloxo, encima rodease de cargos de confianza que non se sabe moi ben que fan (aparte de acompañalo o dia das eleccións polos colexios electorais)
     
E aparte de todo o anteriormente exposto, hai unha cousa moito mais importante, un alcalde ten que dar sempre a cara, para o bo e para o malo, non como Aragunde que so sabe “lucir palmito” cando ten ao lado a Paloma Lago (ou a calquera outra famosa) o na procesión de San Roque. Neste mesmo blog hai un documento excepcional que vos convido que vexades, co título de “Golpe de estado en Cambados, 1986, repito, se non o vistes, recoméndovolo. Este vídeo trata, basicamente, das protestas  que tiveron lugar ese ano en Cambados con motivo dunha subida da contribución  urbana; subida, por certo, que non era achacable ó concello senón a unha actualización do valor imposta dende organismos superiores..... por certo eu pregúntome onde estaba  toda esta xente cando, posteriormente, chegou o PP á alcaldía e fixo unha subida xeneralizada de impostos e taxas ¿por que non se manifestaron?. 
     
Sen embargo, pra min,  o mais destacable de este vídeo, aparte de ver que algúns dos que protestaban en aquela ocasión, teñen, hoxe en dia,  aos seus fillos colocados no Concello,    é a actitude  que amosou o alcalde Pillado; unha actitude valente, incluso diría que temeraria, á vista da aglomeración  de xente que protestaba fronte a casa consistorial; gustaríame ver ó actual alcalde na mesma tesitura, o actual alcalde que por ser  non foi nin capaz de ir a unha reunión en Sanxenxo onde se debatía o problema das preferentes na que  están inmersos moitos cambadeses, el que dicía que moitos días chegaba a casa e non era capaz de comer debido ós problemas que lle contaban; un alcalde que ata mentiu na data da inauguración da estatua de Fraga para non ter que aguantar as protestas dos veciños........ este é o alcalde “valente” que goberna en Cambados e que tanto auto bombo se da  dicindo que traballa de sol a sol.....pois Luisiño ¡que queres que che diga! ¡Si traballando tanto e o fas tan mal non quero pensar como lle iria o concello se non te esforzases tanto!; como sempre nestes casos o refraneiro popular e moi sabio: “Dime de que presumes e direiche de que careces”. 
      Para finalizar e xa que falei de Xoán Antonio Pillado Silvoso, manifestar que espero que algún dia, Cambados e a súa corporación municipal se lembre de todo o que este señor fixo en beneficio do seu pobo, aínda que  tal xesto é tan  probable na actual corporación  como que Rosa Oubiña algún dia remate de ler un libro. 
      
 UN SAUDO A TODOS
      RICARDO DOMINGUEZ REY 
      
      

      
      
      

Ningún comentario: