18 de abr. de 2013

POR FIN FALOU A FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRAFICO. ERA MELLOR QUE ESTIVERA CALADA.

NUN DOCUMENTO INTERNO RECOÑECE: “DEBEMOS DE FACER ALGO AO RESPECTO PARA PRESERVAR, NON SÓ A NOSA INDEPENDENCIA, SENÓN TAMÉN  A NOSA IMAXEN DE INDEPENDENCIA.
“A FUNDACIÓN  ESTÁ POR RIBA DAS DISPUTAS POLITICAS” DIN.
HAI MOITO MEDO A PERDER OS 18.000 € QUE LLE DA A XUNTA,  ENTRE OUTRAS SUBVENCIÓNS.
Nunha nota de prensa insulsa,  inservible, ineficaz, estéril, inane a Fundación Galega contra o Narcotráfico pronunciose sobre as fotografías de Feijoo. Reproducimos a continuación íntegra a nota:
“En relación a recente publicación das fotografías do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo con Marcial Dorado, a FGCN quere facer constar o seguinte:
1.- Entendemos que a importancia deste asunto require unha analise pausada e obxectiva, ao marxe das urxencias políticas que neste días se desataron. Por elo a Fundación considerou oportuno facer unha analise serena e sosegada da situación, escoitando e valorando as distintas voces que se alzaron, nun e noutro senso, durante os derradeiros días.
2.- As imaxes, ainda sendo xurídicamente irrelevantes, retratan unha desafortunada e sorprendente relación, naquel intre cun contrabandista de tabaco que posteriormente foi detido e condenado por narcotráfico. Unha relación que , segundo se desprende das informacións recentemente publicadas, non foi esporádica nin casual e pola que é necesario ofrecer amplas e detalladas explicacións para aclarar totalmente a situación.
3.- Para realizar unha análise obxectiva desta situación entendemos que a imaxe debe analizarse no seu contexto; sin eximir a ningén da súa responsabilidade, non podemos esquecer que as fotos foron feitas fai 20 sanos, cando contrabandistas e narcotraficantes trataban de lexitimar o seu comportamente buscando a súa integración na sociedade. Ese tempo nos deixa algunhas imaxes e recordos que hoxe afortunadamente serian impensables.
4.- Hoxe vivimos noutra época. Grazas o esforzó de todos,a sociedade no seu conxunto, deu as costas ao narcotráfico, acadando que, salvo ailladas excepcións, a separación entre estes criminais  e o resto da sociedade –cidadáns, administración e forzas do orde- esté perfectamente delimitada, un dos obxectivos perseguidos polas campañas de movilización social que ven desenrrolando esta Fundación.
Esto non siginfica que se houebera terminado o problema, nin moito menos, pero si acodouse o aillamento social do traficante e unha cidadania que no seu conxunto deu as costas ao narcotráfico, necesita saber que os seus gobernantes e a súa clase política están igualmente posicionados. A sociadade galega necesita coñecer a verdade e recibir as oportunas explicacións para que non fique o menor atisbo de dubida ao respecto.”
Como vedes isto e non decir nada é o mesmo. 
A FGCN, FIXO A ANTERIOR NOTA POR COMPROMISO E POR RAZÓN DE ESTRATAXEIA, NON POR CONVENCIMENTO.
Esto foi a cara pública da fundación, pero  nun documento interno recoñcen cousas como: 
“A fundación estima incialmente non tomar inciativas ao respecto para evitar valoracións políticas que non corresponden a FGCN”.
“atender aos medios…intentando realizar valoracións políticas”.
“A sociedade espera un pronunciamento da Fundación…atopamos indicios moi claros en distintos ambientes como centros educativos, xulgados, emails recibidos, comentarios en redes sociais etc”
“Non somos unha entidade social máis, somos a Fundación Calega contra o Narcotráfico e Marcial Dorado é un capo histórico do narcotráfico que sale nunha fotos co actual presidente da Xunta e ademais tratase dunha relación mantida durante varios anos. Parace que algo debemos dicir; é a nosa obriga. Con moito coidado e sen entrar en valoracións políticas, pero algo hai que dicir. Entendemos que inevitablemente botariasenos de menos en caso contrario”.
“O que en principio pódese calificar de silencio responsable corria o risco de converterse –en opinión dalgúns- en silencio cómplice. “
“…debíamos facer algo ao respecto para preservar, non só a nosa indepedencia, senón tamén a nosa imaxen de independencia, damos por seguro que o noso apoio social veriase afectado…”
“Mellor falar antes da comparecencia do presidente para pedir unhas  oportunas –e merecidas- explicacións porque senón, caso de non falar, ¿Qué dicimos o xoves despois da comparecencia?. Posiblemente pechariase o asunto sen escoitar “nin pio” da FGCN. Malo para nos e para a nosa credibilidade”.
“…se non falaramos antes e queremos falar despois, chegariamos tarde, resultaría máis difícil e estaríamos fora de lugar”.
“Outra razón tamén de estratexia son as peticións de dimisión impulsadas dende algúns colectivos. Enviaronosdocumentos para asinar solicitando a demisión de Feijoo, algunhas destas iniciativas viñan da man de asociación antidroga (entre las Desperta Cambados)”
En definitiva, a Fundación Galega contra o Narcotrafico para non deixar de cobrar as subvencións fixo unha nota entre “Pinto e Valdemoro”, ou como dicimos por Cambados “Non vou alá, nin fajo falta”.  Socialmente, e así o recoñecen na nota interna a Fundación despois do de Feijoo ficou ferida de morte, prácticamente non ten razón de existir se non se pide a dimisión de Feijoo.

Ningún comentario: