22 de abr. de 2013

QUEN MINTE, LOUZÁN OU OLGA COSTA?

Representantes de Diputación, Tragsa e a plataforma de protectoras da provincia contra a perrera provincial reuníronse o pasado venres para conciliar posturas pero sen éxito. 
A institución provincial abriu esta fase de diálogo logo da rotunda oposición de ata 12 protectoras pontevedresas, contrarias á apertura do centro CAAN, na Armenteira. Anteriormente houbera un achegamento pero tamén sen éxito. Agora, unha vez aberta a instalación volveuse a intentar porque o seu presidente, Rafael Louzán, quería contar coa colaboración destas asociacións. Con todo, tampouco chegaron a bo porto. Louzan é listo como un allo sabe que as protectoras non tragan co crematorio e el quere facerlle as beiras.
A presidenta do Refuxio, Olga Costa, explicou que á cita acudiron seis protectoras e todas saíron coa mesma “desconfianza”. “Ata que non vexamos transparencia e que non sacrifican cans, non imos dar o paso”, relatou.  Fai uns día decia Louzán en Radio Deputación (Ser Pontevedra) que as portas da canceira estaban abertas a todo o mundo, pola súa Olga Costa días atrás foia canceiras con outros representantes de protectoras e nos deixaron entrar. ¿Qué agochan neste lugar? ¿Por qué non hai transparencia?
Na reunión estiveron presentes un técnico de Medio Ambiente da Diputación, o xestor de Tragsa e o deputado e alcalde de Meis, José Luís Pérez Estévez. Os responsables do servizo insistíronlles, como xa en devandito en anteriores ocasións, que non haberá sacrificios e que si se alcanza a capacidade prevista para as instalacións (500 animais). Cousa que por un momento non cree ningunha protectora, porque todos sabemos como e Louzán e a súa famosa frase “A min os cans, suidanma”. 
Olga costa dixo “Colapsarase deica pouco porque si van a razón de nove cans por día, saen uns 270 ao mes e en tres meses, como moito, está chea. Como exemplo, as que estabamos presentes, atendemos seis concellos e aglutinamos 1.000 cans e eles levan 48 concellos. E si para construíla tardouse 12 anos, van ampliala nun mes?”, preguntábase.
Tampouco confían as protectoras nas súas promesas sobre a aplicación da eutanasia porque “no documento que derivaron á Xunta pon que se aplicará en cans con enfermidades crónicas, agresivos que non se poidan reconducir, por saturación ou a outros animais”, engadiu Olga Costa. 
As protectoras entenden que esta ha de ser a única saída, limitada a cando o can sofre e non hai solución, aínda que comparten que o servizo de Tragsa pretende dar solución a un grave problema como é a existencia de animais abandonados, como recoñecía onte a propia Costa. “Sabemos que hai un problema social pero pedímoslle transparencia e nin iso dannos. Indicáronnos que non nos podían dar as cifras de recolleitas, adopciones e sacrificios. Ademais, non van recoller canes con dono e, como sempre, seguirémolos recollendo as protectoras que nunca recibimos axuda da Diputación, cando algunhas levan 25 anos traballando”. De feito, indicou saíron “reforzados” da reunión e que “estaremos vixiantes”. 
ATOPARONSE RESTOS DE CARNE DE CANS E GATOS EN PIENSOS PARA ANIMAIS 
Todo comezou nun refuxio de animais da localidade de Cambados. De alí saíron as primeiras sospeitas sobre un presunto mercadeo con animais domesticos mortos. Grazas á denuncia de Olga Costa un informe do SEPRONA de finais de 2012 alerta sobre a presenza de ADN de can e gato en harinas e graxas producidas por unha empresa salmantina e empregadas na fabricación de piensos.A composición destes preparados sempre estivo en dúbida pero a lei europea é clara: os piensos para animais non poden conter ADN de can. Un diario holandés deu a voz de alarma. Isto non se descarta que volva a pasar. 
para ver o video asina AQUI.
Está claro quen minte e ademais non é a primeira vez que o fai,  e ese é Louzán.

1 comentario:

Xermán Prieto dixo...

Hai servizo de esterilización?