2 de maio de 2013

1º DE MAIO: LUIS ARAGUNDE DIVERTINDOSE, MENTRES VICTOR CAAMAÑO COS TRABALLADORES.

Cando fai 22 anos o Alcalde de Cambados Santiago Tirado instaurou a Festa da Bicicleta en Cambados o primeiro de maio, evidentemente non o fixo por casualidade, fixo cun obxectivo primordial, tratar que os
cambadeses non acudan os manifestacións do primeiro do maio, sobre todo aqueles pais que teñen rapaces moi novos e teñen que ir con eles. 
Que lles custaria poñer a festa da bicileta outro dia. Nada máis lonxe da realiade criticar os pais que acuden cos seus fillos as festa da bicicleta, senón a critica é os alcaldes do PP de Cambados que non trocaron a data para que a xente poida acudir aos dous eventos. De todos os xeitos mentres o noso Alcalde sacaba a foto de rigor na Festa da Bicicleta Victor Caamaño estaba o lado da xente traballadora que se manifestaba en Vilgarcia de Arousa.
Preto de ir os sindicatos separados as manifestacións do 1º de maio dicir que CCOO e UGT defendan e asinen acordos de moderación salarial, cando o certo é que as familias galegas, os traballadores e traballadoras do noso país, non son quen de afrontar o cada vez maior custe da vida, resulta tamén escandaloso. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, xa denunciaba esta situación na convocatoria das manifestacións, asegurando que “CCOO e UGT enganan á clase traballadora, vendendo este tipo de acordos para que os traballadores renuncien a certo incremento salarial en beneficio de contratos de traballo estábel cando a realidade evidencia que non só non se crearon máis postos de traballo estábel senón que ademais se incrementaron os temporais”.
Pero nin xuntos, CCOO e UGT, foron quen de sumar unha participación semellante á que conseguiu a CIG nas manifestacións que se celebraron en A Coruña, Ribadeo, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ribeira ou Vilagarcia de Arousa. 
Podes ver moitas máis fotos tanto da festa da bicicleta como da manifestación nas columnS da dereita.

Ningún comentario: