2 de maio de 2013

CAMALEÓN LOUZAN, DE CHAMARLLE O PREFERENTISTA XULIO VICENTE "PROVOCADOR NATO", A VESTIR A SUA CAMISETA

Ficamos asombrados da capacidade camaleonica do Rey Midas da politica pontevedresa, o ribadumiense Rafael Louzán, e capaz de cualificar a un portavoz preferentista de ´provocador nato´ e de ali a uns días vestir a
súa camiseta,
LOUZÁN                 XULIO VICENTE
O presidente da Diputación cargou contra Xulio Vicente, da plataforma de O Rosal, por ser un sindicalista liberado . O presidente do PP de Pontevedra e da Diputación, Rafael Louzán, opina que Xulio Vicente, portavoz da plataforma de afectados por participacións preferentes e débeda subordinada de O Rosal, municipio do sur de Galicia, é un "provocador nato, e con mirar os seus antecedentes é suficiente".  Os seus antecedetes é ser afiliado a CIG, vaia delito más grave. E si miraramos os antecedentes de Louzán, con que nos atopariamos, sabe Deus.
Dias despois nun pleno Provinvial, o carota de Louzán, sorprende a todo o mundo, vestindo en sede plenaria a camiseta de Platafortma que defende o “malvado" Xulio Vicente. Este home, Louzán, é capaz de casarse con Deus e mais co demo e salir indemne da operación, as suas aptitudes camaleonicas así llo permiten, pero que non se enganen os das preferentes, en realidade a camiseta que queria vestir Louzán e a seguinte:




Ningún comentario: