3 de maio de 2013

ARTEFACTO SALNES ABRE HOXE EN TORRADO AS 20 H.

Hoxe no Pazo de Torrado as 20..00 h. , inauguración da Exposición Colectivas Multidisciplinar Artefacto Salnés, con pezas de alumnos do IES R. Cabanillas e artistas da comarca. A exposición estará ate o 31 de maio, sendo o horario de visia:de martes a domingo de 16.30 a 10.30 h.
Os artistas teñen que presentar obra relacionada co rock e The Beatles 
O instituto Ramón Cabanillas está levando a cabo este curso unha nova edición do seu proxecto artístico e educativo "Artefacto Salnés". Nesta ocasión está dedicado ao mundo do rock, de modo que os artistas da comarca que colaboran deben realizar traballos relacionados dunha ou outra forma con este estilo musical, e máis concretamente no grupo The Beatles. 
O proxecto o coordina o profesor e pintor Fernando Arenaz, que se puxo en contacto cos artistas, e o obxectivo era montar a exposición que se inaugura hoxe no pazo de Torrado, inclúe desde pintura ata escultura, pasando por ilustracións ou unha combinación entre diferentes linguaxes artísticas. 

Ningún comentario: