4 de maio de 2013

9 DE MAIO FOLGA XERAL NO ENSINO EN CAMBADOS E EN TODO O PAÍS

O BNG DE CAMBADOS APOIA A MOVILIZACIÓN
A CIG-ENSINO CONVOCA FOLGA CONTRA A LOMCE NO ENSINO PÚBLICO 
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén convoca, realizará manifestacións e concentracións en todo o país.
A CIG-Ensino anunciou  que convoca unha folga en todo o ensino público galego para o próximo 9 de maio. A CIG-Ensino xa advertiu no inicio do curso, diante da presentación do anteproxecto de LOMCE, que se o Ministerio de Educación non retiraba a proposta era necesaria unha folga no ensino. 
A convocatoria desta folga chega despois de que a CIG-Ensino levara a cabo unha intensa campaña de información e debate sobre unha lei “perversa e nociva” para o ensino público galego. A CIG-Ensino realizou durante este curso máis de 1.500 asembleas nos centros de ensino para informar dos perigos da súa aprobación e  recolleu máis dez mil sinaturas de profesorado contra a LOMCE.
 Ademais está a participar activamente nas mobilizacións e peches promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que ven de anunciar que  tamén convoca folga para ese día.
LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLA PLATAFORMA
OURENSE: Xefatura territorial
VIGO: Praza dos Cabalos
FERROL: Praza de España/Praza de Armas
VILAGARCÍA: Praza de Galiza
PONTEVEDRA: Praza da Ferrería
A CORUÑA: Praza de Vigo
LUGO: Praza da Horta do Seminario
BURELA: Praza da Mariña. (Concentración)
SANTIAGO: Praza do Toural
Accede desde esta ligazón  ao Manifesto da Plataforma no que se explican as razóns polas que se convoca esta folga.
A convocatoria  coincidirá coa folga no ensino a nivel de Estado que xa anunciaron a través dos medios de comunicación as organizacións sindicais españolas. A CIG congratulase que a nivel de Estado as organizacións sindicais tamén viran a necesidade de facer esta folga, aínda que se evidencia, unha vez máis,. 
Non contaron para convocala coa organización sindical maioritaria no ensino galego e escollen unha data  que é festivo na capital de Galiza. En calquera caso, o importante para a CIG-Ensino, é que a folga ese día sexa un éxito e frear a súa aprobación”.
A LOMCE é profundamente españolizadora e privatizadora, que retrotrae o sistema educativo aos postulados do franquismo e que recolle a visión da educación da Conferencia Episcopal. “Está ao servizo da patronal da privada concertada, porque fai unha planificación do ensino como mercadoría e dálle incluso rango de lei aos concertos con centros que segregan alumnado por razón de xénero”..
Reforzase a confesionalidade do ensino, que liquida a xa cativa xestión democrática dos centros, porque usurpa competencias que agora teñen os Consello Escolares e as direccións serán impostas pola Administración. “Como xa ten denunciado a CIG,  reforma o ensino para convertelo nun sistema moito máis elitista, selectivo e segregador, que vai expulsar ao alumnado con menos recursos e que pon en tea de xuízo o dereito á educación. Desconfíase do traballo do profesorado e introdúcense reválidas que farán que o alumnado se xogue todo o seu futuro a unha carta”..
Por último, a CIG-Ensino denunciou, unha vez máis, a actitude do Conselleiro de Educación que, diante do espolio de competencias, segue desaparecido e actuando como militante disciplinado do PP, negándose a abrir un debate que permita fixar unha posición do Goberno galego e que teña en conta a opinión da comunidade educativa galega.  Por todas estas razóns “como CIG-Ensino imos poñer todo da nosa parte para que a folga do día 9 de maio sexa todo un éxito. Pode consultar toda a información sobre a LOMCE na seguinte Ligazón


Ningún comentario: