AMPA E BNG ÚNENSE PARA RECLAMAR O SEU ADECENTAMENTO.
O grupo municipal do BNG de Cambados ven de presentar un escrtio no concello de Cambados no que di que nais e pais de alumnos/as do Colexio de Castrelo puxéronse en contacto con eles, informándolle de que o recinto exterior do seu Colexio Público necesita, desde hai tempo, unha intervención relativa ao seu mantemento e que xa a ANPA do citado colexio solicitou o pasado mes de outubro que o concello se fixera cargo desta actuación, aínda que a día de hoxe seguen agardando.
Que segundo afirman, recentemente, a Alcaldía á cal se dirixen, afirmoulles de que non se podía facer cargo do solicitado mantemento do recinto a causa dos recortes económicos (supoñemos que o Alcalde se refería aos recortes feitos polo PP). Así mesmo, solicitaron que o concello lles facilitara a ferramenta axeitada para que foran nais e pais de alumnos/as do Colexio quen realizaran o mantemento demandado, aínda que o concello lles respondeu que non dispuña de ferramenta porque a estaba utilizando a Escola Obradoiro.

Considerando que nun concello deben estar claras determinadas prioridades e, entre elas, os centros de Ensino Público, semella que neste caso o Concello de Cambados debe facerse cargo inmediatamente do citado mantemento do recito axardinado do colexio, pois é utilizado diariamente por numerosos alumnos/as. Semella que neste concello as prioridades non están moi claras, pois esta debería estar moi por diante do mantemento das rotondas que, simplemente, son pura estética que non afecta á funcionalidade das estradas e que, polo tanto, poden agardar máis tempo ca un recinto escolar; polo que
1.- Cando e cantas veces, neste curso, se dirixiu a ANPA do Colexio Público de Castrelo a este concello solicitando que realizara o mantemento do recinto escolar exterior?
2.- Cal é a razón pola que a día de hoxe segue sen facerse dito mantemento?
3.- Pensa o concello realizar dito mantemento? Cando?
4.- Negouse o Concello a facilitar a ANPA do colexio de Castrelo, a ferramenta solicitada para realizar eles mesmos o mantemento do centro de ensino? Por que?
E, en segundo lugar, o BNG solicita que esta Alcaldía de a orde pertinente para que persoal do concello realice con premura o mantemento do recinto escolar do Colexio Público de Castrelo.
Referente ao I.E.S ASOREY tanto a Ampa, avalada por sinaturtas de pais, como o BNG, e incluso algunha nai de xeito personal veñen a reclamar tamén o arreglo e adecentamento da parada de bus existente no Couto de Arriba - Castrelo. O concello, por medio do Alcalde , contestouselles que xa estaba arreglada, en vista as fografias aportadas por unha das nais vemos que Luis Aragunde volve a mentir

Ningún comentario:
Publicar un comentario