“O CARRO” INTERPRETADO POR TREIXADURA
"Para nós é un orgullo que veña á Estrada unha das formacións máis populares e importantes de Galicia".
Con estas palabras presentou o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, a actuación que realizará a formación Treixadura o vindeiro venres a partir das 22.00 horas no Teatro Principal da Estrada. Xunto a el estaban nesta presentación dúas dos integrantes do grupo, Moncho Marín e Xaquín Xesteira, quen agradeceron o apoio do Concello da Estrada.
Con estas palabras presentou o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, a actuación que realizará a formación Treixadura o vindeiro venres a partir das 22.00 horas no Teatro Principal da Estrada. Xunto a el estaban nesta presentación dúas dos integrantes do grupo, Moncho Marín e Xaquín Xesteira, quen agradeceron o apoio do Concello da Estrada.
Polo momento, a venda de entradas anticipadas para esta actuación está sendo un éxito e todo apunta a un cheo no Principal. As últimas pódense adquirir a dez euros no departamento de Cultura ou ben unha hora antes do inicio da actuación nas taquillas a un prezo de doce euros.
Na súa presentación, Constenla argumentó que o tirón de Treixadura non é casualidade e recordou que se trata dunha formación que durante máis de vinte anos traballou para dignificar a música galega. Marín pola súa banda foi o encargado de falar sobre a creación do orfeón Treixadura, un coro de voces que se uniu ao grupo de gaitas fai case once anos. Marín recordou que a súa primeira colaboración coa foliada "A chula de Pontevedra" tivo un gran éxito á hora de levala aos escenarios, o que axudou á formación do orfeón como algo estable dentro do grupo. Cada disco a partir de aí foi un éxito.
Xesteira pola súa banda recordou que nesta actuación Treixadura presentará a súa ultimo traballo, que leva por título "Esa si que e muiñada". O gaitero remarcou que "o que ofrecemos son emocións coa música da nosa terra. Poder dar dez voces de orfeón, con gaitas, percusión e acordeón crea un gran efecto. Seguro que o público vaino a pasar ben".
“O CARRO” INTERPRETADO POR TREIXADURA
Eesta preciosa peza nacida dunha poesia do mesmo nome do inigualabel Manuel Maria, foi interpretada por Treixadura no programa número 12 de “No bico un cantar” da TVG con tal motivo o membro de Treixadura Antón Lopez escribiu estas fermosas verbas:
![]() |
| Antón López |
E facémolo cun tema que cantamos nas nosas xuntanzas, cando o canto se troca simplemente en sentemento íntimo, alleo ao repertorio dun concerto. “O carro”
Vaia dende aquí a nosa lembranza a Manuel María, autor deste sinxelo e fermosísimo poema
Manuel María será sempre una referencia no panorama literario galego. O selo dun home comprometido co ser humano e co idioma da terra que o amamantou.
Sen dúbida algunha non podía haber outra persoa máis axeitada para poñer música á súa pluma ca “Mero”, tal vez porque son o mesmo pensamento, porque polas súas veas corre o mesmo sangue e sofren as mesmas fendas.
![]() |
| Manuel Maria |
Quedámonos coa sinxeleza dos que coñecían ben a Manuel María e o describían deste xeito: … “e máis non era mala xente, pero deuelle pola da escritura”.
Finalmente, o mellor xeito de describirvos este poeta son as súas propias palabras:
…Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade…
“ …Eu escribín porque non sempre tiven con quen falar” """





Ningún comentario:
Publicar un comentario