Sabes que temos a miudo conversas ti e mas eu, e non vaia a pensar a xente que estou tolo por falar con alguén que finou fai oito anos e medio porque ti sabes, xo falamos en algunha ocasión, que mentras eu viva ti estás viva conmigo. Pero na conversa de hoxe quero que nos oia toda mundo, dende EEUU ate Australia onde visitan este blog moi a miudo. Ben, xa sabes a economia non vai ala moi ben, o resto a nivel familiar
imos tirando, unhas veces mellor e outras veces pior, pero cada vez que che pido consello ou axuda sempre estás ahí botando unha man.
imos tirando, unhas veces mellor e outras veces pior, pero cada vez que che pido consello ou axuda sempre estás ahí botando unha man.
Boto de menos, eso si, o teu souriso, os teus bicos, os teus abrazos, a tua mirada a veces triste, a veces alegre, fisicamente botote de menos, pero sei que todos os días estás na nosa casa, sei que todos os días te interesas por nos , sintote tan preto de min que a veces no silencio da noite oio como dis a meu nome suaviño, sinto incluso a veces como nos momentos dfificiles me pasas a man polo hombreiro e me dis ¡ tranquilo que todo pasara!. Sei que gozas nos intres nosos de ledicia e preocupaste cando temos inquedanzas, pero sempre, sempre estás ahí. Sabes que te quixen e te quero con verdadeira locura, pero hoxe quero que o sepa o mundo enteiro. Xa sei que non che gustan que airemos estas cousas mama, pero hoxe levanteime disposto a decirlle ao mundo ¡Querote mama!.
PD.- Este pequena texto vai adicado a todos os que fisicamente se vos foi a vosa nai, os que tedes a nai con vos fisicamente, coidala, é a unica persoa do mundo que daria a vida por vos sen dubidalo. Queredea.
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario