11 de maio de 2013

CAMBADOS CELEBRA HOXE A FESTA DOS MAIOS

HOXE AS CINCO E MEDIA DA TARDE NO PAZO DE TORRADO.
A festa será pola tarde en Torrado e actuarán varias agrupaciones de música tradicional .O parque de Torrado acolle esta tarde a Festa dos Maios que organiza o Concello de Cambados. Será a partir das 17.30 horas e o cartel musical confórmano os grupos Volandeira, Con de Xido, Xironsa, o coro xuvenil Clave de Sol e os Carballeiras. No transcurso do festival vaise a elaborar un maio tradicional.
Maio elaborado o ano pasado por Xironsa.
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio,. Tiña antigamente connotacións rituaistotémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantancoplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.

Ningún comentario: