11 de maio de 2013

LUIS ARAGUNDE, ALCALDE DE CAMBADOS, TAMÉN PARTICIPOU NAS MANIFESTACIÓNS ESTUDIANTÍS…. PERO FAI 23 ANOS.

O ALCALDE TIRADO DICIA QUE ESTABA MANIPULADO.
A veces as hemerotecas lémbranos cousas moi curiosas, alo por decembro de 1990, houbo unhas fortes manifestacións estudiantís na nosa vila, daquela do que era o único instituto de Cambados,  o R. Cabanillas. As revoltas foron polo trazado da Avda do Salnés, porque dician que a obra era unha “verdadeira aberracción”. 
Con ou sin razón os estudantes fixeron varias manifestacións e concentracións chegando o poñer ao Alcalde, daquela, SantiagoTirado contra as cordas. Un "revolucionario", “un rojo de mierda” “un infiltrado do Bloque”, así o calificaba entre outros epitetos o alcalde Tirado, o lider estudiantil en cuestión. Sabedes quen era? Pois nin máis nin menos que o actual Alcalde de Cambados Luis Aragunde. Luis, entrevistado pola prensa, despachabase a gusto, Luis non era xa ningún neno porque contaba no intre da “interviú” con 19 anos de idade. Nunha entrevista a Voz de Galicia (que reproducimos íntegra o remate), Luis entre outras lindezas dicia: “O alcalde nos toma por tontos e di que estamos manipulados”, ou “toda as actividades realizadas –referiases as manifestacións- foron idea nosa”, “entregamos un escrito –referiase aos alumnos no concello- …mandaron unha carta – referiase ao alcalde- meténdose cos profesores” .Remataba a entrevista preguntándolle se o intentara fichar algún partido politico, Luis contestou de xeito determinante:”Non, paso”.Resulta que o cabo dos anos o que ia a ser un revolucinario xoven, convertiuse por obra e gracia dos cartos e do PP nun politico fachendoso, prepotente, e manipulador. Haberia que preguntarlle a Luis agora:Crees Luis que os alumnos que se manifestaron o día 9 de maio contra a LOMCE estaba manipulados?

O que aparece tachado é o nome de Luis.
O do círculo vermello é Luis.
O do círculo vermello é Luis.




Ningún comentario: