VENCE CHAMA ASÍ A ALONSO MONTERO E ATRIBÚE AS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE O BNG AO SEU "SECTARISMO ANTINACIONALISTA", E ESTE BLOG ADHIRESE COMPLETAMENTE AS PALABRAS DE VENCE.
“O seu sectarismo antinacionalista traizóao” dixo Xavier Vence a respecto das recentes declaracións de Alonso Montero sobre o BNG. O presidente da RAG afirmou que o Bloque "é como esas nais que queren moito aos nenos pequenos que os apretan tanto que os abafan”
O portavoz nacional do BNG cualificou o novo presidente da RAG de “bocazas petulante” despois de escoitar a entrevista que no día de onte emitiu Vtelevisión. “Alonso Montero evidenciou un complexo clasista en relación ao galego, con conceitos de home rancio e anticuado, un auténtico bocazas petulante, e que destila certa misoxinia ao facer símis sobre nais abafantes”, sinalou ao tempo que lamentaba que “estando onde está faga afirmacións tan irrespectuosas”
Criticou a actitude partidista do novo presidente da RAG -militante do PCE, partido integrado en AGE- e mostrou o seu desexo de que o partido político no que milita e os seus socios políticos o desautoricen “por unhas descualificacións que a ninguén benefician”. Xavier Vence animou á Academia “a estar vixiante e a velar polos intereses do galego e polo desprestixio social do noso idioma”. Vence fixo estas declaracións no Foro Cívico en A Coruña, onde se pronunciou sobre a decisión do Tribunal Constitucional de suspender a declaración soberanista catalana.
O administrador deste blog, estando completamente dacordo coas declaracións de Xavier Vence vai asistir o acto, primeiro por respeto as Librarias Contos e Ramón Cabanillas e despois por respeto os outros intervintes no acto, en sinal de protesta, iso si, o administrador deste blog non vai aplaudir o premiado e invita os demais asistentes o acto que fagan o mesmo, agás que o Sr.Alonso pida perdon publicamente polas súas desafortnadas verbas.
Se alguen defendeu o galego neste pais, foi o Bloque.
O líder da Plataforma "Queremos Galego" e da Mesa pola Normalización Lingüistica, maxímo órgano defensor da nosa lingua, critica xustificadamente ao presidente da RAG e pon en dúbida o seu papel como defensor da lingua galega. Carlos Callón, que onte mesmo acentuaba de «improcedentes» as palabras do académico e recoñecía estar preocupado polas declaracións públicas de Montero, porque “cada unha é peor que a anterior “




Ningún comentario:
Publicar un comentario