10 de maio de 2013

ESTREA MUNDIAL EN INTERNET DE “A VIAXE” DE YELLOW ZAMBURIÑA RECORDS

RODADA EN CAMBADOS E ACTORES CAMBADESES
Onte tivo lugar a estrea mundial en internet do video clip “A viaxe”, unha producción de Yellow
Zamburiña Records, e protagonizada no seu papel principàl polo inigualabel Domin. Por certo os que asistimos o homenaxe a Domin, a mediados de marzo pasado tivemos a sorte de ser testemuñas en gran pantalla da estrea do video clip, foi unha sorpresa de Nestor Blanco para o noso amiuçgo.
A trama do video clip consiste en que un matrimonio convencional, formado na cultura do traballo e o aforro, pero orientado á sociedade de consumo, estrea coche facendo un típico paseo dominical cos seus fillos.
Durante a viaxe, van facendo o eloxio do xeito de vida actual, do progreso e os avances tecnolóxicos, cegos aos danos que esta ideoloxía e a do consumo determinan para todos e incluso para eles mesmos. Pero acabarán abrindo os ollos, ainda que tarde.
CADRO TÉCNICO:
Videoclip producido por Yellow Zamburiña Records. Pontevedra. Spain
Titulo orixinal: A Viaxe
Letra: Darío Fariña 
Música: Néstor Blanco González 
Guion técnico: Cristina Villaverde Ruibal
Fotografía: Paloma Malvar Villaverde
Cartel da película: Matías Daporta González
Edición: Néstor Blanco y Cristina Villaverde Ruibal
Guitarra, acordeón y mandolina: Néstor Blanco
Clarinete: Martiño Malleiro Díaz 
Nestor BlaNCO
Contrabaixo: Pachi Cruz
Voz solista: José Manuel Domínguez
Voz nena: Azul Blanco Landa
Fotografia Paloma Malvar.
Interpretes: José Manuel Dominguez “Domi”
Olga Gonzalez Vilas
Icias Cores Lage
Jacobo Gonzalez Yañez
 E a actuación especial de "Dama"
Agradecementos: Juan Maceira, Pavitrén Cambados,
Jose M. SalgadO, Maria Luisa Ruibal, Julio Abal Silva, Cuca Sinbeiro, Romi Trigo, Daniel Jimenez, Angeles Villaverde e Matias Daporta.
Yellow Zamburiña Records é un estudo de grabación e masterización situado na cidade de Pontevedra. Dispón de avanzados equipos de grabación e software para a edición e o masterizado. Todo iso nun ambiente agradable e acolledor, propicio para o desenvolvemento de grandes ideas. 
Contan cunha ampla gama de instrumentos virtuales, así como de todos os tipos de guitarras (española, eléctrica, acústica e baixo) cos efectos máis consagrados e uns moi apropiados presets de ecualización. 
Usan as mellores reverbs de convolución e alcanzan un estándar completamente profesional nos seus masters. 
Realizan arreglos, secuencias, musicalización de obras teatrais, etc. 
AQUI TEDES O VIDEO: 


Ningún comentario: