9 de maio de 2013

ISABEL PÉREZ, PRESIDENTA DAS MARISCADORAS, POR FIN, FALOU.

PERO NON SE DESMARCA O SUFICIENTE DO PP.
ELA TEN A OBRIGA DE DEFENDER AS MARISCADORAS E NON A LUIS ARAGUNDE.
¡¡¡É HORA DE LOITAR!!!
Botavamos de menos  que a presidenta das mariscadoras Isabel Pérez falara sobre a nefasta nova da daclaración do “Saco B” como zona C. Unha declaración que vai facer que as mariscadoras de Cambados se vexan  obrigadas a cambiar este ano o seu habitual programación de traballo que ata agora reservaban para faenar en mayo, dando así un descanso produtivo ao seu principal banco, que é o de O Serrido. A declaración como Zona C desa parcela foi comunicada pola Xunta de Galicia a finais de abril, e obrigou ás mulleres a variar inmediatamente os seus plans de traballo. 
Así, non podendo ir a O Saco, como estaba previsto, decidiuse dividir O Sarrido en catro partes. Tres delas mantéñense pechadas, para dar un descanso á ameixa mentres desova, mentres que se segue faenando na máis próxima ao momento de control de San Tome, que é a coñecida como os Bebedoiros e Mar de Frades. Aí irán sete días de extracción, e outros sete faenarán no arenal situado entre a Casa do Mar e o centro de saúde. 
A presidenta da agrupación, Isabel Pérez, admite que a declaración como Zona C é un contratiempo. "Polo momento temos onde traballar, é certo. Pero o peor é que estamos preocupadas porque si chega a ocorrer algo en O Sarrido quedariámonos sen alternativas a donde ir" ¡¡¡Ollo Isabel que cando empece a funcionar a depuradora de Ribadumia o Serrido pode estar en perigo. Isabel Pérez lanza un dardo contra os responsables políticos da Xunta e o Concello. "Dixeron fai tres anos que ían canalizar os tubos que veñen desde Corvillón e os das casas que botan ao mar... Pero aínda non os canalizaron". A presidenta das mariscadoras de Cambados avisa de que aínda que o banco declarado C sexa relativamente menor "somos unha agrupación con moitas mariscadoras e temos que dispoñer de espazos e alternativas onde traballar". 
Que un banco marisquero sexa Zona C implica que non se pode comercializar, e o único que se pode facer co marisco é reinstalarlo durante un certo tempo nun polígono cualificado como A ou B. A maior parte de O Saco de Fefiñáns ten a declaración C desde 2010 debido á baixa calidade das súas augas, pois se trata dunha ensenada afectada tanto pola actividade portuaria de Tragove como pola existencia de varios puntos de vertido. Pero unha parte da ensenada -uns 15.000 metros cadrados- seguían sendo B, o que permitía vender a almeja fina e japónica que alí se daba tras un proceso de depuración. Esa é a parcela que ha empeorado a súa cualificación tralas últimas análises. 
Pero a presidenta das mariscadores non se pode conformar só con iso. É hora tamén de pedir responsabilides tanto o trampón do noso alcalde Luis Aragunde como o seu acólito o Patrón Maior Benito Gonzalez. Tres anos de espera son moitos,  é hora de informar en asemblea as mariscadores e de revelarse contra os inutís que nos están gobernando, e hora en definitiva de perderlle o medo o PP porque esté en xogo o pan dos vosos fillos.
Como dicia Celso Emilio Ferreiro: 

¡¡¡A TÚA LOITA É ESTA,
COLLE FOUCE, MEU POBO
ERGUE A TESTA ,  PROTESTA, 
E DESPOIS MATA O LOBO!!!

Ningún comentario: